Temas: BETANZOS ANCIáN

Atopan en Betanzos outro ancián que levaba meses morto

Os veciños só alertaron á Guardia Civil cando percibiron que saía mal cheiro do piso.

Por E.P. | A CORUÑA | 18/05/2018 | Actualizada ás 11:07

Comparte esta noticia

Axentes da Guardia Civil acharon morto a un septuaxenario na súa vivenda de Betanzos (A Coruña), ao que os veciños non vían desde o pasado mes de xaneiro e que alertaron de que procedía un mal cheiro do piso, segundo informaron a Europa Press fontes da Benemérita.

Os roubos a persoas anciáns comeza a ser habitual en Galicia
Os roubos a persoas anciáns comeza a ser habitual en Galicia | Fonte: elconfidencial.com

Este caso é o cuarto dun ancián morto nestas circunstancias nos últimos tempos e supón un toque severo de atención sobre a situación na que se atopan moitos dos nosos maiores que, en moitos casos, viven sós e sen ninguén que os acuda.

Nun primeiro momento, deuse aviso á Policía Local que, á súa vez, trasladou o caso á Guardia Civil. Unha vez obtida a autorización xudicial para entrar na casa, os axentes atopáronse o corpo "tirado sobre a cama e en avanzado estado de descomposición", precisaron as mesmas fontes.

Inicialmente non se localizou a ninguén para a súa identificación aínda que, posteriormente, contactouse cun fillo do home, que levaba 20 anos sen relacionarse co seu proxenitor.

O corpo foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac) para realizarlle a autopsia, aínda que a Guardia Civil confirmou que non había "indicios de criminalidade, nin de violencia".

Temas: BETANZOS ANCIáN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta