A Xunta rexieta ampliar o prazo para que os sindicatos de xustiza estuden a súa última oferta

O sindicato SPJ-USO pediu que se prorrogase até o vindeiro mércores, día 23, o prazo para que as organizacións sindicais de xustiza respondesen se se suman ou non á última oferta da Administración. O obxectivo de consultar a proposta cos traballadores.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2018 | Actualizada ás 13:11

Comparte esta noticia

Nun escrito asinado pola secretaria xeral técnica da vicepresidencia da Xunta, Beatriz Cuiña, a Administración autonómica asegura que esta ampliación "non procede" ao considerar que "non ten sentido seguir alargando unha situación de conflito que se prolonga xa por máis de tres meses".

Mesa sectorial de xustiza, con Xunta e sindicatos
Mesa sectorial de xustiza, con Xunta e sindicatos | Fonte: Europa Press

Nesta liña, sinala que os traballadores "desexan pechar canto antes" o conflito e consideran que "o tempo inicialmente fixados é suficiente, unido a todo o anterior, para que poida formar a súa postura".

Ademais, lembra que o prazo acordado na mesa sectorial do pasado martes, 15 de maio, foi até as 14,00 horas deste venres. "Ningún sindicato solicitou nese momento un prazo superior ou unha ampliación, e xa era por todos coñecido que había un festivo polo medio. Tampouco solicitou posteriormente, até o momento actual, a ampliación ningún outro sindicato", apunta a Xunta.

Deste xeito, a folga, que se iniciou o 7 de febreiro e foi "interrompida" o 8 de maio, segue formalmente aberta á espera do que ocorra este venres, data na que os sindicatos deben comunicar se se suman ou non á última oferta do Goberno galego. Se non o fan, a Xunta advertiu que sentirá "liberada" de calquera compromiso e adoptará a decisión que corresponda para pechar formalmente o conflito.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta