Temas: VETERINARIA

800 persoas convocadas para o primeiro exame de oposicións a veterinario este domingo

Este é o primeiro exame do proceso selectivo para acceder a 55 prazas de veterinarios, que se celebrarán no recinto feiral de Silleda (Pontevedra).

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/05/2018 | Actualizada ás 12:55

Comparte esta noticia

Do total, 41 vacantes son de acceso libre, das que catro están reservadas para persoas con discapacidade. As 14 restantes son para a quenda de promoción interna. Segundo explicou a Consellería de Facenda nun comunicado, o exame terá lugar no auditorio da Feira Internacional de Galicia, no pavillón 2, e empezará ás 9,00 horas. Esta proba será escrita, e os aspirantes que a superen terán que facer dous exames máis na fase de oposición, para pasar despois á de concurso.

Veterinario aplicando unha vacina a unha ovella
Veterinario aplicando unha vacina a unha ovella | Fonte: ozonoterapia

Este primeiro exercicio consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 180 preguntas tipo test, 30 delas da parte xeral do programa e 150 da parte específica, máis cinco preguntas de reserva. Posteriormente, as persoas que superen este exercicio serán convocadas para o segundo, consistente en resolver por escrito dous supostos de carácter práctico sobre a parte específica do programa. Para finalizar esta fase de oposición, terá lugar o terceiro exercicio, consistente na tradución dun testo do castelán ao galego e outro do galego ao castelán.

FASE DE CONCURSO

Finalizada a fase de oposición, terá lugar a de concurso, consistente na valoración ás personas aspirantes que superaron o tres exercicios referidos dos méritos que acrediten. A Xunta destacou que estas 55 prazas convocadas para a escala de veterinarios (subgrupo A1) permitirán reforzar os servizos veterinarios e a seguridade alimenticia, dado que a Administración galega dispón destes profesionais en consellerías como a de Medio Rural, Sanidade, Mar ou Medio Ambiente.

Temas: VETERINARIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta