Temas: OURENSE MUíñOS

Investigan a identidade dun corpo calcinado localizado nun vehículo que ardeu en Muiños (Ourense)

O falecido non era o propietario do vehículo.

Por E.P. | OURENSE | 21/05/2018 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

A Guardia Civil investiga a identidade dun corpo achado calcinado nun vehículo que ardeu nunha estrada comarcal de Muiños (Ourense) a última hora da tarde do domingo, así como as circunstancias da morte desta persona.

Coche calcinado nunha pista forestal
Coche calcinado nunha pista forestal | Fonte: Durangon.com

Segundo informaron a Europa Press fontes da investigación, pasadas as 20,00 horas do domingo 20 de maio unha patrulla do Instituto Armado viu un coche ardendo nunha estrada comarcal de Muiños e achegouse ao lugar, onde colaborou na extinción co GES da zona.

Ademais, o 112 Galicia recibiu unha alerta sobre as 20,30 horas deste domingo dun coche que ardía en Albite, en Prado de Limia, no municipio de Muiños. Por iso, pasou aviso aos membros do GES e de Protección Civil da localidade, ademais da Guardia Civil e servizos sanitarios. Ao chegar onde ardía o vehículo, os servizos de emerxencias confirmaron a existencia dunha persona calcinada no interior do turismo, que ardeu na súa totalidade.

RECOLLIDA DE MOSTRAS

No interior do vehículo foi atopada unha persona "totalmente calcinada", puntualizaron as mesmas fontes da investigación, da que se recolleron mostras de ADN para identificar á vítima.

Até o momento identificouse o vehículo, cuxo propietario, un veciño de Muiños, non é a persona que estaba no interior calcinada, pero tampouco puido aclarar a identidade da mesma, sinalaron as mesmas fontes. Por iso, a Benemérita abriu unha investigación para esclarecer as causas nas que a persona faleceu calcinada e identificar á vítima.

Temas: OURENSE MUíñOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta