Unha tenda solidaria a beneficio da Cociña Económica de Ferrol

Estará aberta no Espazo +60 Afundación até o 31 de maio. I Abrirase ao público o vindeiro luns 21 de maio e ata o día 31 I Nela poderase adquirir produtos realizados polos voluntarios e voluntarias como bolsos, carteiras ou roupa de bebé

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 21/05/2018 | Actualizada ás 12:31

Comparte esta noticia

Afundación, a Obra Social de ABANCA, inaugura este luns, 21 de maio, unha Tenda Solidaria no seu Espazo +60 de Ferrol (praza da Constitución, s/n) a beneficio da Cociña Económica da cidade.

Tenda Solidaria no seu Espazo +60 de Ferrol (praza da Constitución, s/n) a beneficio da Cociña Económica da cidade / Afundación.
Tenda Solidaria no seu Espazo +60 de Ferrol (praza da Constitución, s/n) a beneficio da Cociña Económica da cidade / Afundación.

A Tenda Solidaria permanecerá aberta ata ao 31 de maio, de luns a venres en horario de 10.00 a 13.00 h e de 17.00 a 20.00 h. Nela poderanse adquirir produtos realizados durante o curso polo grupo de voluntarios e voluntarias participantes no Taller Solidario, como cestas, bolsos, carteiras, pulseiras, manteis, roupa de bebé ou colares.

Esta actividade ten como finalidade promover a creatividade e a imaxinación á vez que fomenta a solidariedade e a cooperación entre os participantes. Está enmarcada no programa «O valor da experiencia» da Área de Envellecemento Activo de Afundación, a Obra Social de ABANCA, que ten como obxectivo potenciar o papel activo dos maiores na sociedade e o desenvolvemento de actividades de voluntariado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta