En Marea culpa o "desleixo" de Feijóo de que "volvan os incendios dez días despois de que deixe de chover"

O portavoz do partido, Luís Villares, culpou á "incapacidade" do Goberno galego de que se produzan incendios en Galicia como os que se rexistraron esta fin de semana Santiago e A Estrada.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/05/2018 | Actualizada ás 15:20

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, culpou ao "desleixo e incapacidade" do Goberno galego de que "apenas dez días despois de que deixase de chover" volvan producirse incendios en Galicia, como os que se rexistraron esta fin de semana Santiago e A Estrada (Pontevedra), que deixaron unhas 90 hectáreas de superficie afectada.

O portavoz de En Marea, Luís Villares, nunha entrevisa con Europa  Press
O portavoz de En Marea, Luís Villares, nunha entrevisa con Europa Press | Fonte: Europa Press

Nunha comparecencia de prensa celebrada este luns, Luís Villares lamentou que o Executivo que dirixe Alberto Núñez Feijóo "non aprendese nada" da vaga de incendios que sufriu Galicia o pasado mes de outubro e que se cobrou a vida de catro acodes ademais de calcinar case 50.000 hectáreas.

"Pasou todo o inverno sen que a Xunta fixese absolutamente nada para que a dramática situación do pasado outubro volva repetirse", comentou o maxistrado en excedencia, que criticou que "das 30 medidas anunciadas como novas" por Feijóo "e que non eran máis que lexislación vixente, seguen sen cumprirse a día hoxe".

Deste xeito, Luís Villares censurou que o PPdeG sexa "máis que nunca o proxecto personalista" de Alberto Núñez Feijóo e teorizou con que "a confianza" que os galegos depositaron nos populares "non se daría" se se celebrasen eleccións na actualidade.

Así mesmo, tachou de "desvergoña" que o presidente galego recoñecese o pasado venres que incumpría a normativa de limpeza dos montes e aludise a que se trata de "un incumprimento do conxunto do país".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta