Feijóo asegura que as dúas caixas "non podían existir" e di que "volvería facer exactamente o mesmo"

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que as dúas caixas galegas, Caixa Galicia e Caixanova, "non podían existir". "Ningunha delas, iso sabémolo todos salvo aqueles que queren seguir falseando o relato e mentíndolle aos galegos", sinalou.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2018 | Actualizada ás 12:15 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que as dúas caixas galegas, Caixa Galicia e Caixanova, "non podían existir". "Ningunha delas, iso sabémolo todos salvo aqueles que queren seguir falseando o relato e mentíndolle aos galegos", sinalou.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no pleno
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no pleno | Fonte: Europa Press

Así o defendeu o máximo mandatario autonómico durante a sesión de control da Cámara galega e en resposta a senllas preguntas formuladas pola portavoz do BNG, Ana Pontón, e de En Marea, Luís Villares.

Na sesión, Villares esixiu ao presidente da Xunta que achegue á Cámara documentación como a carta a través da que o Goberno galego encargou a auditoría a KMPG xa que, pola contra, estaría a incorrer en "delitos".

Pola súa banda, a líder do BNG acusou o presidente de "traizoar os intereses" de Galicia ao permitir a venda de Novagalicia Banco, que "era viable".

"Nunca lle mentín ao meu país, nunca terxiversei un informe e, se volvésemos empezar, volvería facer exactamente o mesmo, traballar para ter unha entidade financeira en Galicia, con 12.000 persoas empregadas en Galicia", subliñou.

(Haberá ampliación)

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta