Aena confía en habilitar nun prazo "razoablemente breve" o sistema para reducir os desvíos en Alvedro

O Concello pide melloras na operatividade e ampliación das instalacións do aeroporto da Coruña

A CORUÑA | 23/05/2018 | Actualizada ás 15:20 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O director de Aena, Jaime García-Legaz, mostrouse confiado en que nun prazo "razoablemente breve", que calcula entre seis e nove meses, poida entrar en funcionamento o sistema que reduza os desvíos en Alvedro.

Así o manifestou, en declaracións aos xornalistas, tras manter este mércores unha reunión co alcalde coruñés Xulio Ferreiro, e o concelleiro de Turismo, Alberto Lema, en María Pita.

Técnicos de Aena estiveron este mesmo mércores realizando comprobacións co avión que realiza as probas, segundo indicou García-Legaz, que espera que este sistema poida estar en funcionamento nun prazo "razoablemente breve", que sitúa "entre seis e nove meses".

García-Legaz asegurou que este sistema reducirá "de forma significativa" o número de desvíos anuais no aeroporto herculino, aínda que recoñeceu que "eliminar os desvíos non se pode garantir en ningún aeroporto do mundo".

DOUS NOVOS FINGERS

Precisamente, este sistema foi unha das demandas que lle trasladaron desde o Consitorio, tal e como confirmou o propio responsable de Turismo da Coruña, que expuxo a García-Legaz unha "lista de cuestións que a curto prazo teñen que ser melloradas en Alvedro", e que pasan por melloras na operatividade e nas instalacións.

Así, Lema lembrou que no plan de investimentos de Aena, 2017-2020, que ascende a 6 millóns de euros para o aeroporto de Alvedro, é "insuficiente" e reclama compensacións porque "a capacidade do aeroporto agora mesmo está ao cento por cento".

Entre as melloras, o concelleiro expuxo a García-Legaz unha ampliación das salas de espera e unha mellora nas cintas de recollida, ademais da instalación de dous novos fingers.

Por último, desde o Concello pediron ao responsable de Aena que este organismo teña "un rol máis determinante na coordinación do tres aeroportos galegos".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta