O 85% dos 928 inscritos que participaron na consulta de En Marea cre que Paula Quinteiro ten que dimitir

Do total do censo de 2.390 persoas que podían votar, exerceu o seu dereito a participar case o 39 por cento dos integrantes de En Marea.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2018 | Actualizada ás 01:20

Comparte esta noticia

O 85% dos 928 inscritos de En Marea que participaron na consulta sobre a dimisión de Paula Quinteiro, que se viu envolta nun incidente coa Policía Local de Santiago na madrugada do 18 de marzo, considerou que a deputada debe presentar a súa dimisión á acta de parlamentaria.

A deputada de En Marea Paula Quinteiro
A deputada de En Marea Paula Quinteiro | Fonte: Europa Press

Do total do censo de 2.390 persoas que podían votar, exerceu o seu dereito a participar un total de 928 inscritos, o que implica case o 39 por cento dos integrantes de En Marea.

Deles, un total de 790 votaron si á pregunta formulada, mentres que os 138 restantes consideraron que a parlamentaria non tiña que deixar a súa acta parlamentaria. Isto significa que, do total de inscritos que participaron na consulta, o 85,1% votou si e o 14,9 por cento, que non.

Mentres, se se ten en conta o total de inscritos de En Marea, o resultado arroxa que case o 33% do censo da formación pide que deixe a súa acta, fronte a dúas de cada tres que opta por non pronunciarse na consulta ou por facelo en contra de que deixe a súa acta.

As bases de En Marea tiñan que contestar "si" ou "non" á pregunta: "Consideras que Paula Quinteiro debe dimitir do seu cargo como deputada do Parlamento galego polo uso da súa acta de deputada para un asunto particular?".

VINCULARON OS SEUS CARGOS

Nas últimas horas, a Coordinadora de En Marea —que lidera Luís Villares e promoveu a consulta— vinculara a súa continuidade ao resultado da consulta, aludindo a que tiñan que sentirse "concernidos" polo que os inscritos decidan e ser coherentes coa súa postura, en palabras do seu integrante Gonzalo Rodríguez.

Mentres, en días pasados, a afectada, Paula Quinteiro, esgrimiu "indefensión" no proceso previo e asegurou que non acataría a decisión resultante da consulta, pero que si se sometería a un proceso revogatorio interno.

Próximos á deputada impulsaron un manifesto no que chamaban a non participar e que pouco antes da consulta superaba as 600 sinaturas, aínda que neste caso non fai falta ser membro de En Marea para poder sumarse ao documento. Ao peche da votación, superaba os 800 apoios, segundo os datos achegados polos impulsores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 31 comentarios

7 Alberte

Não vai ocorrer nada até próxima segunda, quando se utilize o caso Quinteiro para justificar/atacar o caso dos amados líderes. Galiza não existe para os partidos madrilenos (La Marea, PP, PSOE, Cs); é apenas um celeiro de votos ao que virem os líderes Nacionales comer marisco baratíssimo, oiga!

1 Alberte

La Marea: nome para uma cafetaria de Vigo. Eu nunca votarei numa cafetaria.

6 Loisinc

Quinteiro go home! Os que din que votou pouca xente... votaron máis dos que van votar no referendo de Podemos. Para igualar a porcentaxe terían que votar 200.000 persoas nas de Podemos. Veremos luns... Neste referendo da Marea foi no que máis xente votou despois do fundacional

5 4000 euros e chofer

A maioria dos "inscritos" fixeron caso ao chamamento de boicotear a consulta viyarista. Villares debe dimitir.

1 Sentenzada

Para que queres un chofer para Villares. Para que a panda proquinteirista lle rache os retrovisores nunha noite de esmorga? Resume: 4.880 euros é o que precisa a Paulinha Nonche Dimito

4 Non vai mais

En canto se entere do pastuqui que vai pillar de mais no grupo mixto vai dimitir hostias. Anticapi que non antipasti.

3 euloxio uxio

A Marea facendo o seu enésimo ridículo.a anticapitalista Quinteiro amarrada ao soldo quentiño do parlamento, os da mareíña atlántica, tan activos nas redes sociais, hoxe agochadiños despois dos porrazos de onte aos da Insumisa. basta xa! é hora de que volvades ao BNG, o único proxecto viable e sólido para devolver a ilusión a Galiza enteira. Adiante presidenta Ana Pontón!!! Adiante BNG!!!

1 comunista independentista

En política, intentar pescar en río revolto sempre tivo un nome: OPORTUNISMO desesperado. Pero é normal a vosa desesperación: o Bloque leva 20 anos en caída libre. Proxecto viábel e sólido? Non nos fagas rir! XDDDDDDDDD

2 Ling Chung

Comunista de barra de bar e independentista de risa. Tes que recoñecer que as cousas comezaron a torcerse. É o principio do fin. Estás phodido, nótase en que xa non tes a frescura de antes... Estás phodido amigo, pero en política unhas veces gañas e outras perdes. Vade preparando o cadaleito para ese partido formado por esterco...