A CUT e outros sindicatos desvincúlanse da folga xeral convocada pola CIG para o 19 de xuño

Consideran que a convocatoria "parece ter máis que nada a intención de facer unha manifestación ese día e non parar o país"

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/05/2018 | Actualizada ás 20:25 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Os sindicatos CUT, CXT, STEG, Sindicato Ferroviario, SAGAP e o Sindicato da Elevación desvinculáronse da convocatoria de folga xeral convocada pola CIG para o próximo 19 de xuño porque entenden que non se dan as condicións "subxectivas" para apoiar unha mobilización que cren máis encamiñada a realizar "unha manifestación" que "a parar o país".

O comunicado foi presentado este xoves en Santiago con representación das centrais asinantes, que cren que a convocatoria da CIG "non reúne as condicións e as garantías necesarias" para ser "catalogada" como unha folga xeral.

Deste xeito, indican que son partidarios da "necesidade" de realizar unha folga xeral, pero a convocatoria dunha folga implica un traballo de contactos previos "entre organizacións sindicais, colectivos, plataformas e movementos sociais" para que se sumen á mobilización e que non se produciu nesta ocasión. "Neste caso a folga deixa de ser un instrumento da clase traballadora para converterse no instrumento dunhas siglas", engaden.

Por tanto, consideran que, ao non contar con ese "traballo previo", a da CIG "non reúne" as condicións que permitirían "paralizar o país e os sectores produtivos pois pretende que non haxa convocatoria conxunta de todos os sindicatos, nin manifestación conxunta" porque "xa determinaron todas os condicionantes".

CRÍTICAS ÁS "CONDICIÓNS SUBXECTIVAS"

"As condicións obxectivas para convocar unha folga son evidentes, hoxe igual que hai varios anos, pero as condicións subxectivas non o son", sinala o comunicado conxunto, no que engaden que "hai escasa marxe para informar e mobilizar os centros de traballo" tendo en conta que a folga foi anunciada a apenas mes e medio da súa celebración.

Por tanto, os "sindicatos alternativos", como se autodenominan no comunicado, entenden que a convocatoria da CIG "parece ter máis que nada a intención de facer unha manifestación ese día e non parar o país".

"Para nós, a folga é un instrumento de loita para dar un salto fai adiante, unha mobilización mal convocada, igual que unha folga mal convocada, pode converterse en nefasta para os intereses do pobo e da clase traballadora, pode ser incluso antisindical", inciden.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta