Pasa a disposición xudicial o dono da pirotecnia detido pola explosión en Tui

O dono da pirotecnia La Gallega, detido o pasado mércores como presunto autor dos delitos de homicidio imprudente e estragos pola explosión dun almacén pirotécnico ilegal na parroquia tudense de Paramos, pasou este venres a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Tui (Pontevedra).

Por E.P. | PONTEVEDRA | 25/05/2018 | Actualizada ás 11:25

Comparte esta noticia

O dono da pirotecnia La Gallega, detido o pasado mércores como presunto autor dos delitos de homicidio imprudente e estragos pola explosión dun almacén pirotécnico ilegal na parroquia tudense de Paramos, pasou este venres a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Tui (Pontevedra).

Chegada ao xulgado do dono da pirotecnia de Tui
Chegada ao xulgado do dono da pirotecnia de Tui | Fonte: Europa Press

O detido, F.G.L., chegou aos xulgados da localidade pouco antes das 11,00 horas nun coche da Guardia Civil. Acompañado por dous axentes, coa cabeza agachada e oculta por unha carapucha entrou no edificio rodeado por gran expectación e ante a presenza de numerosos xornalistas.

Este home foi arrestado na tarde do pasado mércores, poucas horas despois de que explotase un almacén clandestino de material pirotécnico que F.G.L. tiña nun alpendre anexo á vivenda dun familiar.

Como consecuencia da devandita explosión, faleceu un matrimonio dunha vivenda próxima sepultado polos cascallos; 37 persoas resultaron feridas de diversa consideración; e centenares de vivendas rexistraron danos materiais, nalgúns casos, irreversibles.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta