Feijóo aconsella a Pedro Sánchez que se consolide dentro do PSOE antes de lanzar mocións de censura

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, chamou á "tranquilidade" dos líderes políticos ante a reacción suscitada despois de que a Audiencia Nacional condenase a varios exdirigentes do PP a penas de até 51 anos de prisión.

Por E.P. | A CORUÑA | 25/05/2018 | Actualizada ás 17:42

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, chamou á "tranquilidade" dos líderes políticos ante a reacción suscitada despois de que a Audiencia Nacional condenase a varios exdirigentes do PP a penas de até 51 anos de prisión. "Os políticos estamos para servir, non para deixarnos levar pola ansia de protagonismo e de poder", manifestou. "Creo que o que temos é que esperar, tranquilidade; e ante a ansiedade que teñen algúns, mandar unha mensaxe de acougo e respecto aos cidadáns, aos votantes, aos intereses xerais e ao noso país", remarcou Feijóo, quen é un dos nomes que soa nas quinielas sucesorias do presidente do Goberno, Mariano Rajoy.

Feijóo, após a reunión semanal do seu Goberno
Feijóo, após a reunión semanal do seu Goberno | Fonte: Europa Press

Concretamente, a Audiencia Nacional condenou ao considerado 'xefe' da trama, Francisco Correa, a 51 anos e once meses de cárcere, mentres que ao extesorero do PP Luís Bárcenas impúxolle unha pena de 33 anos e 4 meses ademais de 44 millóns de euros de multa. Ao PP condenouno a pagar unha multa de 245.000 euros como partícipe a título lucrativo pola súa implicación nos primeiros anos de actividades da trama; mentres que o que fose exsecretario de Organización do PP galego, foi condenado a 37 anos e medio de cárcere.

UNHA "CONTRADICIÓN"

Así as cousas, e en declaracións aos medios nun acto na Coruña, Feijóo asegurou que "non ten sentido" que hai dous días o Congreso aprobase os orzamentos do Estado e "24 horas despois se queira romper a estabilidade alcanzada 24 horas antes".

"É unha contradición absoluta e unha falta de respecto aos cidadáns que queren que despois de tanto tempo discutindo se hai contas xerais para pensionistas, empregados públicos, familias e actividade económica, agora todo o que fixemos rompa e salte polo aire", reflexionou.

É máis, Feijóo advertiu de que "non hai alternativa". "Porque a alternativa non é solucionar o problema de liderado do PSOE, a alternativa ten que ser un goberno viable e, neste momento, non vexo un goberno socialista cos independentistas, con Ciudadanos e con Podemos sendo viable para España", agregou.

"VOLVA O SENTIDO COMÚN"

O mandatario autonómico confiou en que se "calme o debate" e en que se "volva ao sentido común". "E dicirlle a Pedro Sánchez, con todo o respecto e agarimo do mundo, que hai que esperar, hai que esperar a que finalicen os mandatos e a que se consolide como líder do PSOE e presente proxecto alternativo", apuntou Feijóo.

O tamén líder dos populares galegos sinalou que a moción de censura do PSOE con Pedro Sánchez suporía "pasar dunha situación de certa inestabilidade, porque o PP non ten maioría absoluta, a outro partido que aínda é máis inestable porque ten menos votos que o goberno". "É un disparate", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Toño

Fora a trama criminal do PP das institucións democráticas