A Xunta pon en marcha o luns a última fase do Plan de entrada de autobuses interurbanos na Coruña

A Xunta de Galicia porá en marcha o luns 28 de maio a cuarta e última fase do Plan de entrada dos autobuses interurbanos ao centro da Coruña, coa integración de 7 liñas, con 40 expedicións de entrada diaria, das que se benefician directamente 420.000 viaxeiros ao ano.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2018 | Actualizada ás 11:45 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia porá en marcha o luns 28 de maio a cuarta e última fase do Plan de entrada dos autobuses interurbanos ao centro da Coruña, coa integración de 7 liñas, con 40 expedicións de entrada diaria, das que se benefician directamente 420.000 viaxeiros ao ano.

Segundo informou a Xunta de Galicia, con esta última fase do Plan, complétase unha iniciativa que responde á demanda dos veciños da comarca e que "fomenta o uso do transporte público".

En concreto, as liñas que entran en funcionamento o luns serán:

--A Coruña-Betanzos, A Gallada-Ferrol estación de autobuses, con 4 expediecións.

--A Coruña-Betanzos (circular), con 18 expedicións.

--A Coruña-Ourense, estación de autobuses por pobos, 2 expedicións.

--A Coruña-Betanzos, por polígono de Bergondo (3).

--Ourense-estación de autobuses-A Coruña rápido (2).

--A Coruña-Betazos por A9 (2).

--A Coruña-Ordes-Santiago-Lalín-Ourense (9).

Coa entrada da cuarta fase, desde a Xunta remárcase que se cumpre o seu obxectivo de que a totalidade do Plan de accesibilidade dos autobuses interubanos ao centro "estea operativo antes do verán".

Neste sentido, indícase que este obxectivo se logra "a pesar da resposta negativa do goberno local da Coruña á proposta de unificar as dúas últimas fases na comisión de seguimento do Plan, celebrada o pasado mes de abril".

A primeira fase implantouse en novembro. Favorecía o acceso ao centro da Coruña aos autobuses dun total de 12 liñas, principalmente, dos concellos de Oleiros, Sada, Culleredo, Cambre e Bergondo.

A segunda fase, resalta a Xunta, entrou en funcionamento en xaneiro e propiciou o acceso de 17 liñas procedentes, na súa maioría, de Arteixo, Culleredo, A Laracha, Carballo, Oleiros e das que pasan por Cambre, Curtis, Abegondo e Oza-Cesuras.

Coa terceira fase, que se iniciou o 30 de abril, os usuarios das 8 liñas procedentes de Carral, Cambre e Culleredo, xa realizan paradas no núcleo da cidade.

Na última fase incorpóranse 7 liñas de autobuses do corredores leste e centro, correspondentes a Curtis, Oza-Cesuras, Miño, Betanzos, Bergondo, Cambre, Oleiros, Ordes, Carral e Culleredo.

A Xunta lembra que a entrada de autobuses no centro da Coruña enmárcase no Plan de transporte metropolitano da administración autonómica para a cidade, renovado en abril co acordo unánime do Concello e cunha achega de 3,8 millóns de euros para 2019.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta