En Marea apoia a moción de censura do PSOE contra Rajoy para rematar coa "peste da corrupción"

"Temos a obriga democrática de rematar co Goberno dun partido cuestionado no plano xudicial, social e vinculado coa corrupción",apunta o voceiro da formación en Madrid, Miguel Anxo Fernán Vello.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 26/05/2018 | Actualizada ás 13:48

Comparte esta noticia

O voceiro de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, amosou este sábado o apoio desta formación "sen condicións" á moción de censura do PSOE contra o Goberno de Rajoy "para retirar do Goberno a un mandatario corrupto e a un presidente do Executivo que non ten credibilidade e que mentiu en sede xudicial".

Fernán Vello insistiu en que os partidos teñen a "obriga democrática de rematar co Goberno dun partido cuestionado no plano xudicial, social e vinculado coa corrupción". "O Partido Popular, como se desmostrou, financiouse de xeito ilegal case durante 20 anos", indicou. Esta iniciativa tamén podería ser apoiada por case todos os partidos nacionalistas e independentistas.

"É unha práctica criminal. Facemos un exercicio de altura política, estamos diante da necesidade de contribuir á rexeneración democrática e institucional", insistiu o deputado que tamén lembrou como o pasado ano, o Grupo Confederal presentou tamén unha moción de censura porque consideraba que "había que sanear a democracia". Unha iniciativa que, daquela, non foi apoiada polo PSOE.

Fernán Vello tamén matizou que En Marea estará "atenta" ao programa do PSOE pero insistiu en que aposta "por unha política de apoio ás maioría sociais". "Nós estamos pola derogación da reforma laboral, da Lei mordaza, por abrir o debate sobre o modelo de Estado e apostar pola plurinacionalidade. Estamos coa cidadanía e loitaremos por sacar do Goberno a un partido corrupto", concluíu.

Miguel Anxo Fernán Vello
Miguel Anxo Fernán Vello | Fonte: enmarea.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

5 Hgde

O grupo confederado paralamentar da marea votará o que mande a disciplina de partido de podemos e punto non hai q falar.

4 anonimo9406

Para acabar con la "peste de la corrupión" del PP, nada mejor que ir de la mano de un PSOE ejemplar. El mismo PSOE que en Andalucía anda presuntamente pringado en el fraude de los ERES - 741 millones de EUR, de acuerdo a la acusación de la Fiscalía - , o que en Valencia está siendo investigado judicialmente por su financión ( https://bit.ly/2pJgTD0). En román paladino: "Los pedos ajenos apestan, los propios y los de nuestros colegas hasta nos gustan."

1 anonimo

O PSOE de exemplar ten pouco, pero aínda lle falta practicar un pouco máis para estar á altura do PP, unha mafia organizada que corrompe todo, cuns mil imputados num Estado en que controla e domestica o sistema xudicial (imaxina se non o dominara) En canto a Ciudadanos, xa metido en problemas de financiación ilegal, e cun discurso electoral que faría aplaudir a Jose Antonio...O panorama é certamente desolador; paro á mafia hai que quitala, ainda que sexa para airear un pouco os medios de comunicación

2 anonimo9406

Teniendo en cuenta que el importe de la 'broma' de los ERES andaluces es superior al importe de la broma de la Gürtel ... pues va a ser que no, que su intento de blanquear la corrupción de sus parientes ideológicos no cuela

3 Gamela

este espírito puro ben podía comezar por declarar os seus impostos IRPF e deixarse de lerias sobre a transparencia e demáis parvadas... Pobriño só ten 1.700 €uros debe ser o Deputado Máis Pobre do Parlamento ? http://www.congreso.es/docbienes/le...

1 Eu mesmo

Non sei a que ven esto. Se fose de Podemos de certo que non dirías as falsedades que chuspes. Ollo, son amigo de Miguel Anxo, mais non votei polo seu partido, na Coruña arrepiaríame tirar a miña papeleta no teu Gómez-Reino e na túa Yoli, de estar censado en Lugo si que sería unha boa opción. Pola miña profesión tiven aceso a información certa que coincide coa que fica na web do congreso. Vai ser que sodes o OK Diario á inversa...

2 Gamela

hai máis dun ano que enviei unha mensaxe privada a Fernán Vello para que cumplimentara os datos da súa Declaración de Bens e a única resposta foi o SILENCIO! ¿Sinceiramente cres que os únicos bens dos que dispón o autor e editor literario son 1700 €? Bueno... se é así... pobriño! Pero non é o único que deixa en branco a súa declaración de bens... Podes visitar a páxina do Congreso e do Senado e verás que son moitos máis os que van de pobres pola vida PARLAMENTARIA https://i.gal/gamela15

3 Gamela

por certo ten gracia que nin siquera estea censado en Lugo ! As cousas que ten o ir de estirado pola vida, aquí tes a páxina https://i.gal/gamela03

2 Maruxa

E o BNG-UPG apoia ou non apoia?. Ou non ter nada en Madrid fai que xa evite falar dos problemas das galegas na capital do Estado?

1 Claro bigotón

O BNG sempre que del dependeu apoiou que non seguise o PP, lle custase o que lle custase. Vós, o que manden de Madrí. Antes non había que apoiar a Pedro e agora hai que apoialo gratis. E a militancia votando que vos gusta o chalé da parella de donos do partido e non o que ides facer na moción que xa o anuncia o líder por vos

2 Josman

Maruuuuuuuxaaaaa!!! Apuuuuuxaaaaa!!!

3 O que queda do BNG

O BNG, nos seus tempos, vendeuse a ZP por unha esmola, igual que fan agora os seus colegas do PNV. Non vaiades agora de dignos, que sabemos ben cómo sodes e cómo actuades para manter o voso chiringuito de liberados eternos.

4 Que si liberadiño

Jopé por unha esmola. Pois agora vós vendédesvos a Sánchez por O. Parabéns pola autocrítica

5 Liberator600000

Esmola dis? Pero se EnMarea non trouxo nin chica, Hulio!

1 O enxeñoso deputado

Grazas pola información Fernán, pero xa Pablo anunciara onte que os 72 deputados de Unidos Podemos íades apoiar a moción. Non veñas agora como que ti tes poder para apoiar ou deixar de apoiar agora a Pedro Sánchez e antes non.

1 Un nacionalista de esquerdas

Pois vaia problemón... Hai que sacarle punta a todo. Como somos... Cada vez teño máis claro que neste país xa non damos máis de si ( incluome) Apertas

2 PepoMan

Por desgraza o enxeñoso deputado ten razón. Non é dar máis ou menos de si. É obedecer ou non e niso en marea é exactamente igual a psoe ou pp.

3 comunista independentista

E o famoso grupo parlamentar do Bloque/Nós-Ca.Ga. no Congreso, que opina?