Temas: ANOVA EN MAREA

Anova pide "reconstruír o espazo de unidade popular" de En Marea

A coordinadora da formación nacionalista censura que a dirección do partido instrumental centre as súas "enerxías" en cuestións internas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2018 | Actualizada ás 19:05

Comparte esta noticia

Anova-Irmandade Nacionalista criticou o rumbo tomado pola dirección de En Marea que encabeza Luís Villares e instou aos actores que conforman a esquerda rupturista a "reconstruír o espazo de unidade popular galego" de maneira "inmediata" para pór freo ao "proceso de perda constante dos principios e valores" do proxecto.

O líder de Anova, Antón Sánchez, en rolda de prensa
O líder de Anova, Antón Sánchez, en rolda de prensa

"A actual dirección de En Marea non representa a día de hoxe a pluralidade do conxunto do espazo e non mostra vontade de selo. Esta lousa que padecemos desde a conformación do Consello das Mareas xera disfuncións importantes e limita a capacidade de intervención política de En Marea", reza o comunicado difundido por Anova logo da reunión da súa coordinadora, celebrada este sábado en Teo (A Coruña).

A reunión contou coa presenza do portavoz nacional da formación nacionalista, Antón Sánchez; o histórico dirixente nacionalista, Xosé Manuel Beiras; ou o alcalde de Teo, Rafael Sisto, quen esta mesma semana anunciou a súa baixa como inscrito de En Marea por diferenzas coa maneira de proceder da dirección e o "proceso inquisitorial" ao que, segundo argumentou, someteron á deputada Paula Quinteiro.

Así as cousas, Anova aposta por retomar os "consensos fundacionais" de En Marea establecidos na asemblea constituínte celebrada en Vigo a finais do mes de xullo de 2016. "O ocorrido en En Marea os últimos meses é un proceso de perda constante dos principios e valores cos que naceron os procesos de unidade popular en Galicia", censuran.

Anova cre que a dirección de En Marea centrou "as enerxías da organización en procesos internos" que ve "menores"; en referencia, aínda que non fai mención explícita a iso, ao pulso que mantén coa parlamentaria Paula Quinteiro desde mediados do mes de marzo.

Todo iso, segundo apunta o comunicado, nun contexto de "loita social na rúa" e de "avance da ultradereita xenófoba en Europa e o Estado español". "Cando unha organización está tan lonxe das demandas que a apoiaron no seu momento para ser voz da indignación, non cumpre cos obxectivos para os que naceu", engade.

INICIAR UN "PROCESO COLECTIVO"

Así as cousas, Anova ve necesario emprender "de maneira inmediata" un proceso "colectivo" para reformular En Marea no que se "acheguen novamente" os sectores que conforman o universo rupturista en Galicia.

A pesar de que existe un grupo do partido nacionalista que forma parte xunto con Cerna (organización escindida da propia Anova) e algunhas mareas municipalistas do sector que controla a dirección política de En Marea encabezada por Villares, a liña oficial de Anova mostrouse crítica co rumbo emprendido polo partido instrumental desde as eleccións aos órganos políticos que abriron un cisma no seo rupturista e que se viu acentuado pola xestión do caso Quinteiro.

No comunicado emitido este sábado, a organización nacionalista asegura que a dirección de En Marea está controlada por un sector que "non representa a pluralidade do conxunto do espazo", o que supón unha "lousa" que padece o proxecto rupturista.

Por iso, chama a que se inicie un proceso de reconfiguración do proxecto partindo do exemplo das mareas municipalistas e, ante todo, tendo en conta que as eleccións locais do próximo ano serán "decisivas para dar continuidade á unidade popular".

Deste xeito, remarca que "é necesario reconducir" a situación de maneira "inmediata" a través dun "proceso colectivo aberto onde participen mareas, colectivos sociais, organizacións e persoas que aposten pola reconstrución dun espazo de unidade popular que debe ser plural, mestizo e de ruptura".

Temas: ANOVA EN MAREA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 antón de guizán

Hai Antón , es un monicreque en mans de Podemos e Izquierda Unida. Non se entende que sexas un inimigo de En Marea

3 castanova

Undidá Popular: Antón Sánchez comprándolle os argumentos contra o referendo de Cataluña ao PP, y lo que rondaré morena https://www.elperiodico.com/es/poli...

2 Cheira te pega

Jajajaj Lanueva Hermandá Regionalista quere reconstruír a UNIDADE!!! Os que marchan con actas, os que rachan os novos partidos, os que teñen a FPG dentro! E os que non queiran unirse que lles van facer, mandarlles os de Cheira?

1 Gamela

Antón vaino ter difícil... por riba tropeza con CERNA pero por baixo bastaría o exemplo da Marea de Vigo para ver o que pintan os de ANOVA ante fantoches coma Rubén Pérez (que nin siquera foron quen de esixirlle que desbloqueara a conta do disidente en 3 anos !!!) // Aquí non hai nada que rascar... o espazo rupturista está feito un DESASTRE NACIONAL !!! http://www.galiciaconfidencial.com/... E mentras tanto os de sempre a repartir cartas (cartos!)

1 Gamela

Onde están Os Tres da Marea de Vigo ? Comendo a tortilla ? https://youtu.be/gHI554p6qtY