Temas: ABANCA

ABANCA elixe unha muller para presidir unha das grandes comisións do banco, a de Auditoría

Leticia Iglesias, cunha sólida traxectoria profesional como experta en auditoría e riscos, é a nova conselleira do banco.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 28/05/2018 | Actualizada ás 18:17

Comparte esta noticia

O Consello de Administración de ABANCA aprobou hoxe o nomeamento de Leticia Iglesias como nova conselleira independente para presidir a Comisión de Auditoría e Cumprimento.  Tras esta incorporación, o máximo órgano de goberno do banco está composto por oito membros, seis deles independentes. “Isto supón unha ampla maioría do Consello en liña coas mellores prácticas de gobernación”, apunta a entidade nun comunicado.

Leticia Iglesias, nova conselleira independente de ABANCA
Leticia Iglesias, nova conselleira independente de ABANCA

A nova conselleira de ABANCA ten unha sólida traxectoria profesional como experta no mundo da auditoría que desenvolveu tanto na esfera pública como na privada co seu paso por Arthur Andersen, CNMV, Instituto de Censores Jurados de Cuentas de España, ou a entidade financeira Banco Mare Nostrum onde, entre outros labores, presidía a Comisión de Risco Global.

Tras esta incorporación, o Consello de ABANCA estará formado por Juan Carlos Escotet Rodríguez, presidente, Francisco Botas Ratera, conselleiro delegado e polos vogais, Eduardo Eraña, José García Montalvo, Pedro Raúl López Jácome, José Ramón Rodrigo Zarza, Carina Szpilka Lázaro e Leticia Iglesias.

Temas: ABANCA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta