Que opcións de coidado teñen os dependentes?

O Espazo +60 Afundación de Santiago ofrece unha charla sobre as opcións de coidado para as persoas dependentes.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/05/2018 | Actualizada ás 18:15

Comparte esta noticia

Afundación, a Obra Social de Abanca, ofrece no seu Espazo +60 de Santiago de Compostela (Carreira do Conde, 18) unha charla sobre a axuda a domicilio e o centro de día como recurso para o coidado das persoas dependentes.

Dependencia.
Dependencia.

Organizada en colaboración con Atendo Dependencia, terá lugar este mércores 30 de maio, ás 17.30 h, e será impartida por María Lueiro, neuropsicóloga e directora de Atendo Santiago.

A axuda a domicilio é un servizo que se dirixe especialmente a persoas en situación de dependencia, principalmente persoas maiores e/ou con discapacidade, pero tamén a toda aquela persoa que, ben por unha situación de dependencia puntual, como un postoperatorio ou unha lesión, ben para conciliar a vida familiar e laboral, necesite atención e coidado profesional sen saír do seu domicilio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta