Cinco proxectos Feuga participan dentro do maior congreso técnico do sector vitivinícola de Europa

A Fundación Empresa-Universidade Galega participa desde este xoves con cinco proxectos no Enoforum que se celebra por primeira vez en España, concretamente en Zaragoza.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/05/2018 | Actualizada ás 13:29

Comparte esta noticia

En concreto, as iniciativas Feuga participantes son 'Pathogen', dirixido ao deseño dun programa para mellorar a xestión dos virus das vides; 'Wetwine', un proxecto de cooperación transnacional para a definición dun sistema de xestión de efluentes da esta industria; así como 'Biomasa-AP', orientado a optimizar o uso da biomasa agroforestal na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

A Fundación Feuga está presente con cinco proxectos no Enoforum
A Fundación Feuga está presente con cinco proxectos no Enoforum | Fonte: Europa Press

Ademais, tamén están presentes no congreso 'Viticast', un grupo orientado á procura de solucións innovadoras para a prevención de enfermidades fúnxicas na vide; e 'Evid', proxecto que busca novas prácticas para a xestión e tratamento de enfermidades da madeira da vide.

Feuga destacou que desenvolve un papel destacado en case unha quincena de proxectos de ámbito europeo de distintos sectores produtivos, todos de relevancia estratéxica para a economía galega como o vitivinícola, o agroalimentario ou o ambiental.

En concreto, o Enoforum está organizado pola asociación Vinidea, creada por profesionais do sector do viño en 1998 co obxectivo de construír unha rede de relacións internacionais entre expertos de distintos ámbitos do sector, promover a transferencia de coñecementos técnicos ou a investigación en viticultura.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta