Temas: TURISMO

As pernoctacións extrahoteleiras caen en abril en Galicia despois da Semana Santa

Os viaxeiros tamén baixan un 40% e o emprego descende case un 9% no mesmo mes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/05/2018 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

As pernoctacións realizadas en aloxamentos turísticos extrahoteleiros galegos (apartamentos, campings, aloxamentos de turismo rural) foron 47.396 en abril, de forma que caen un 46,5% respecto ao mesmo mes de 2017 --case 30 puntos máis que a media española de baixada-- ao celebrarse a Semana Santa este ano en marzo e o pasado en abril, segundo os datos publicados este xoves polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Casa Rural
Casa Rural | Fonte: Europa Press

Os viaxeiros tamén tiveron un descenso similar, de en torno ao 40%, ao pasar dos 39.848 de abril de 2017 aos 24.073 do cuarto mes deste ano. Deste xeito, a diminución de pernoctacións e viaxeiros en apartamentos turísticos, campings e casas rurais é xeneralizado. A estes datos hai que sumar os 421 viaxeiros que acolleron os albergues con 1.117 pernoctaciones, aínda que neste caso non existe comparativa para realizar ao carecer o INE de datos de abril de 2017.

Nos apartamentos turísticos houbo 8.761 viaxeiros fronte aos 12.945 dun ano antes, mentres as pernoctacións rebaixáronse até 20.885 desde 33.582. No tocante ás casas rurais, os viaxeiros quedan en 13.040, cando estaban en 20.016 en abril de 2017. As pernotaciones caen case á metade até 21.123 (38.374 foron un ano antes). Tamén hai retroceso nos viaxeiros nos campings até os 5.388(eran 16.726 un ano antes). Aquí, as pernoctaciones baixan o triplo e até 5.388 (16.726 en abril de 2017).

PERDA DE EMPREGO

Pola súa banda, o emprego descendeu un 8,8% en abril, 113 traballadores menos, nos aloxamentos extrahoteleiros en Galicia respecto ao mesmo mes de 2017, segundo os datos do INE.Este descenso está encabezado polos apartamentos turísticos (os empregados baixan de 342 a 271), seguidos das casas rurais (pasan de 840 a 817) e os campings (de 107 a 88). Os albergues ocupan a 51 persoas, sen datos do ano pasado para facer comparativa.

Respecto ao grao de ocupación hai unha caída xeneralizada: en apartamentos (pasa do 38,6% ao 30,6%), en campings (do 12,3% ao 7,5%) e en casas rurais (do 22,4% ao 13,2%). Nos albergues a ocupación é do 3,5%.

Temas: TURISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta