Novas denuncias sobre o "maltrato asistencial" no Complexo Hospitalario de Santiago

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 02/06/2018 | Actualizada ás 15:55

Comparte esta noticia

Nos servizos de urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) os pacientes seguen sendo "vítimas dun maltrato asistencial continuado ao ser colocados nos corredores de acceso en cadeiras de rodas e padiolas, a pesar de ter unha cualificación de pacientes graves", e que teñen que "agardar horas" a ser atendidos. Un "maltrato" que xa foi denunciado ante a Valedora do Pobo, que rexeitou a denuncia.

Pacientes ciscados nos corredores de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), ante o colapso sanitario
Pacientes ciscados nos corredores de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), ante o colapso sanitario | Fonte: Asociación de Usuarios do CHUS.

Agora, Fátima Necerllas, facultativa dos servizos de urxencias do CHUS, e delegada sindicial, denuncia tamén os "colapsos e maltrato asistencial" que padecen os acientes. Velaquí o seu testemuño.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Andy Martínez

Non fai moito, Unha familiar, tuvo que permanecer nun box, creo que 4 ou 5 días. Por desgracia, outra "familiar" que fai que traballa neste complexo, traía o xantar os enfermos, moi educadiña ela, ate que chegaba á nosa cama, dónde nin bos días daba, y deixaba a comida como si fora un animal. Afortunadamente, son dos que creo no Karma.