O secretario xeral do PP galego: "Temos a obriga de escoitar a Mariano Rajoy"

Miguel Tellado recoñece que o partido conservador ten que "facer autocrítica" tras ser desaloxado do Goberno de España.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/06/2018 | Actualizada ás 19:49

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, afirmou, sobre o futuro do PP após a moción de censura que levou á Moncloa ao socialista Pedro Sánchez, que os populares teñen "a obriga de escoitar a Mariano Rajoy", xa ex-presidente do Goberno pero aínda líder do seu partido.

Miguel Tellado do PPdeG
Miguel Tellado do PPdeG | Fonte: Europa Press

Nunha entrevista na Radio Galega, Tellado, este sábado, apuntou ao comité executivo estatal convocado para a semana que vén, onde "se coñecerá a folla de ruta" de Rajoy, segundo indicou. "Eu creo que temos a obriga de escoitalo e coñecer que é o que pensa a persoa que liderou a recuperación de España nestes seis anos e medios", afirmou.

O número dous dos populares galegos asumiu que "claro" que os populares teñen que "facer autocrítica". "Do que fixemos como Goberno nestes anos, de como non soubemos afrontar debidamente os casos de corrupción que afectaron o noso partido", resolveu.

Pola súa banda, Miguel Tellado anticipou un período de inestabilidade política en España pola debilidade do novo Executivo de Sánchez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 O. Bejarano

O maior exemplo da mediocridade do PP e que teña en Galicia de Secretario Xeral a Tellado,que é un bocachancla como Hernando, coa diferencia que Tellado , non ten a onde ir si se lle acaba a MAMANDURRIA POLÍTICA

1 a vida no vocabulario

o que significa "bocachancla"?