Despedindo a un compañeiro

O pasado 4 de febreiro faleceu en Madrid Miguel Munín. Este nome, hoxe en día, non dirá moito, non dirá nada, aos que dirixen as organización estudiantis universitaria, e tal vez deberán coñecer o que a Miguel lle deben.

Por Emilio Martinez | Vigo | 18/03/2011

Comparte esta noticia

Na década dos 80 Miguel Munín, Miguelito, contribueu a crear os Comités Abertos de Facultade, CAF, e a convertilos na organización hexemónica nos centros universitario galegos. O seu traballo, xunto co doutros moitos e doutras moitas, fixeron dos CAF a primeira organización plural, diversa e unitaria da esquerda en Galicia, unha organización que soupo atraer a moitos e moitas, sen filación partidaria, que tiñan o desexo de contribuir a unha universidade mellor nun mundo mellor, unha organización que foi escola de cidadania, facendo da honestidade, a responsabilidade e o compromiso as súas señas de identidade.

Conocín a Miguel no ano 83, el xa con algún anos de universitario e eu recén chegado ás aulas de Económicas. Eu era o “neno” na candidatura ao claustro constituinte do ano 84 da que formamos parte. Xuntos vivimos e disfrutamos daquela maravillosa aventura que foi a candidatura a reitor do profesor Xosé Manuel Beiras. Unha victoria, ainda perdendo, dunha visión da universidade ABERTA. 

Xuntos fixemos realidade un proxecto coa victoria en 1990 de Ramón Villares, na que os votos dos estudantes foron decisivos. Ao longo dos anos fíxémonos non so leais compañeiros de filas na militancia dos CAF senon amigos. Xuntos percorremos non poucas cidades participando en asembleas xerais, en charlas, en xuntanzas cos compañeiros da Federación de Estudantes Progresistas, a organización universitaria vinculada a Izquierda Unida e a outras organizacións de esquerdas. Xuntos, con Alberte, Bernardo, Moncho, Alba, Xulia, Fina, Antón, Cesar, Tacho, Coqui, Antonio, Manolo, Pili, Mercedes, Xermán, Inés, Ana, Xavi, Luis, Felipe, Xaime e tanto e tantos mais, imaxinamos universidades e mundos, escribirmos programas, creamos servizos, elaboramos propostas, protestamos, reivindicamos, esiximos… SOÑAMOS, e fixemos algúns soños convertirse en realidade. Dificil imaxinar a universidade desta década sen o traballo de persoas como Miguel, un traballo duro, moitas veces ingrato, pero que hoxe ten que ser recoñecido con cariño.Con Miguel aprendín a discutir e a razonar en termos políticos, a non darme por vencido, a ser optimista, a tentalo unha e outra vez se o que se tentaba pagaba a pena, a chegar a acordos, a tender pontes e a cruzalos.

Miguel foi membro do claustro universitario, membro da Xunta de Facultade de Ciencias Económicas, da Xunta de Goberno e do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela. Con Manuel Antelo e con Alba Nogueira formou parte da comisión universitaria, en representación dos estudantes, que trazou o plan que daría lugar ao actual sistema universitario galego a partir da primixenia Universidade de Santiago de Compostela.

En 1993 Miguel deixou Galicia para traballar en Madrid. Volvía duas ou tres veces ao ano, case todos os 25 de xullo, e seguía de cerca a política galega. En moitas das charlas dos últimos anos eu quedaba abraiado pola súa capacidade de análise do que acontecía en Galicia. Nunca me deixou de sorprender, ao final consigueu aficcionarme á historia da II Guerra Mundial, temática na que era un verdadeiro erudito, igual que na historia de Roma.

Miguel deixounos, moitos e moitas imos botalo de menos. Miguel gañouse o aprezo de quen o coñeceu e tivo a oportunidade de compartir debates e discusión, ainda que se estivera en posición distintas é difícil non apreciar a honestidade dos argumentos que sempre utilizou para defender as súas ideas.

Ata sempre Miguel.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Emilio Martinez (Ribeira, 1965). Entre os anos 1998 e o 2005 foi presidente da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento. Na actualidade forma parte do Consello Galego de Cooperación ao Desenvolvemento como experto independente. Licenciado en Ciencias Económicas a súa carreira profesional está ligada, na súa meirande parte, a diversas administracións públicas, como a Universidade de Vigo, na que foi vicexerente de Recursos Humanos, a xerencia da Sociedade Galega para o Desenvolvemento Comarcal, o concello de Lugo ou a Universidade de Santiago de Compostela, na que actualmente é director de área, no ámbito, logo de exercer en distintos períodos como técnico superior de Xestión no ámbito da I+D+I ou vicexerente no campus de Lugo. Ten colaborado en distintas publicacións como “A Nosa Terra”, “Tempo Exterior” ou a “Revista Galega de Emprego”.