Seixalbo crea as súas propias "brigadas verdes" para protexer o Camiño

Voluntarios rozarán a herba do Camiño de Santiago debido á inacción do concello e da empresa concesionaria.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 08/06/2018 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia

Os camiños públicos de Seixalbo atópanse "intransitables", segundo indica a Asociación Veciñal San Breixo. As cunetas están sen limpar e a herba invade practicamente a metade da calzada. Ademais, as pistas presentan moitos baches. Perante esta situación e fronte á inacción dos responsables públicos, un grupo de voluntarios decidiu poñerse mans á obra e rozar eles mesmos a contorna. O punto de encontro é o sábado na praza da Igrexa de San Breixo.

A Vía da Prata en Seixalbo
A Vía da Prata en Seixalbo | Fonte: Vive o Camiño

Este estreitamento e mal estado dos camiños supón un perigo para os viandantes e vehículos, que transitan con dificultade polo espazo reducido e a falta de visibilidade. Esta situación faise máis complexa na Vía da Prata, un camiño moi empregado polos peregrinos e a veciñanza. "A impresión que reciben ao chegar a Ourense é dun lamentable abandono", di a Asociación.

Fronte a esta realidade, a veciñanza tense posto en contacto co concello pero non obtivo resposta ningunha. Así pois, un grupo de persoas voluntarias decidiu constituírse en "brigadas verdes" para desbrozar a maleza que indave o Camiño de Santiago ao seu paso polo concello. Desta maneira, pretenden chamar a atención polo abandono dos lugares públicos e demandar o cumprimento da obriga municipal de ter practicables os camiños.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta