O alumnado con necesidades educativas especiais ve en perigo o seu dereito á educación

Dende os centros educativos esixen ás familias a presenza do pai ou da nai para realizar os labores de coidadores. De non presentarse, o alumnado con necesidades especiais non tería dereito a ese día de escola.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/06/2018 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

A Asociación Limisi Diversidade Funcional de Xinzo leva tempo recibindo queixas das familias asociadas porque os seus fillos e fillas con necesidades educativas especiais non poden exercer o seu dereito á educación. Dende os centros públicos esixen a presenza do pai ou da nai para que realice as tarefas do profesional non docente - os coidadores -  se queren que os seus fillos vaian á escola.

Personas con diversidade funcional nun curso de Gadis en colaboración coa Fundación Paideia Galiza
Personas con diversidade funcional nun curso de Gadis en colaboración coa Fundación Paideia Galiza

No caso de non presentarse ningún membro da familia, os pais terían que recoller aos seus fillos e levalos para a casa. Dende a entidade Limisi puxéronse en contacto coa Xefatura Territorial da Xunta, que lles comunicou as dificultades que teñen para enviar coidadoras suplentes. "Non hai listas para cubrir suplencias das persoas que non pasan o corte nas oposicións de coidadores? Ou é que a Administración pretende aforrar uns cartos e non cubrir os postos do persoal non docente vulnerando o dereito á educación do alumnado con necesidades educativas especiais?", pregúntase a Asociación.

Ademais, segundo a información que recibiron da Xefatura Territorial, o centro educativo debe poñer sempre todas as medidas precisas para que os alumnos e alumnas con necesidades educativas especial "non perdan nin un día de escola". Vendo que isto non se cumpre, a Asociación pide que se reflexione sobre os incidentes que se veñen dando. "Como abordamos a conciliación laboral nas familias con nenos con diversidade funcional?", din. Así mesmo, dubidan a legalidade de que unha nai ou pai realice os labores do persoal non docente e socicitan unha solución por parte da Administración competente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta