Temas: INDUSTRIA

As prioridades dos orzamentos 2019 serán investimento en I+D+i, o Xacobeo e a creación de emprego

A Xunta comeza a elaborar as contas do próximo ano nas que aposta pola "internacionalización, innovación e coñecemento".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2018 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia

A Xunta comeza a elaborar os orzamentos de Galicia para o ano 2019 e aposta polo investimento en I+D+i, o gasto para a programación do Ano Xacobeo 2021 e a creación de máis postos de traballo co fin de "mellorar as condicións de benestar" actuais.

El conselleiro de Economía, Francisco Conde, en el pleno
El conselleiro de Economía, Francisco Conde, en el pleno

O obxectivo principal do conxunto dos orzamentos é "manter o crecemento da economía galega", segundo indica a Xunta nunha nota de prensa. En 2017 o Produto Interior Bruto de Galicia creceu por riba do 3% e o Centro de Predición Económica (Ceprede) estima que en 2018 continúe esta tendencia á alza e o PIB da Comunidade alcance un crecemento do 3,2%.

O programa orzamentario que está a elaborar a Xunta segue a folla de ruta do plan estratéxico de Galicia 2015-2020. A administración informa que ten como prioridade crear un modelo económico de crecemento baseado en "o coñecemento, a especialización, a innovación e a internacionalización" da economía. Para elaborar as novas partidas, o Goberno autonómico tomará como referencia de cara ao futuro texto os "indicadores de produtividade de anos anteriores".

PREVISIÓNS DE GASTO E INGRESOS

Estes orzamentos estruturaranse ao redor de catro comisións que avaliarán os obxectivos dos diferentes programas de gasto e que deben coincidir coas metas do plan estratéxico até 2020. Pola súa banda, unha comisión de ingresos propios e finalistas determinará, analizará e agregará os datos necesarios para elaborar previsións de taxas e prezos. A distribución final dos orzamentos por programas, capítulos e proxectos de gasto levaraa a cabo a comisión funcional do gasto.

Temas: INDUSTRIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta