Temas: FEIJóO AVE

Feijóo pídelle a Sánchez o que antes temía pedirlle ao Goberno de Rajoy; a chegada do AVE

Reclámalle que o AVE chegue a Galicia a finais do 2019 "se non se poden adiantar os prazos" e lémbralle aos socialistas "sempre criticaron" dita data porque entenden "que se pode facer antes".

Por E.P. | OURENSE | 10/06/2018 | Actualizada ás 17:20

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, pediu este domingo ao goberno de Pedro Sánchez a chegada do tren de alta velocidade a Galicia a finais do ano 2019 "se non se poden adiantar os prazos".

Alberto Núñez Feijóo no 50 aniversario das adegas Viña Costeira
Alberto Núñez Feijóo no 50 aniversario das adegas Viña Costeira | Fonte: Europa Press

"Se non se pode adiantar os prazos, pido que polo menos se cumpra a palabra dada: que a finais do ano 2019 estean a entrar en probas os trens de alta velocidade que nos leven a Madrid", comunicou Feijóo após o acto de celebración do 50 aniversario das adegas Viña Costeira en Ribadavia (Ourense).

"É certo que o Partido Socialista sempre criticou esta data, porque entende que se pode facer antes. Imos ver cando teñamos a reunión co presidente do Goberno e o ministro de Fomento se se poden adiantar os prazos que o Partido Socialista criticou por ser moi longos", abundou.

Nesta mesma liña, o titular do goberno galego asegurou que o tema da AVE preocúpalle. "Dentro do territorio galego, o que nos pode facer máis competitivos neste momento é a entrada do tren de alta velocidade nos prazos marcados a finais do ano 2019", reiterou o presidente da Xunta.

"Ese é o compromiso que temos; eu, como presidente da Xunta, garanto que non teño máis obxectivo que defender ese compromiso diante de calquera presidente de Goberno e calquera ministro", abundou.

Con todo, Alberto Núñez Feijóo garantiu durante a súa intervención no acto de conmemoración do cincuentenario de Viña Costeira que o tren de alta velocidade "chegará ao Ribeiro dentro dun ano e medio como moito". Así mesmo, o titular do goberno galego asegurou que Ourense estará "a dúas horas e cuarto" de Madrid "a finais do ano 2019 coa estación de tren de alta velocidade" na cidade das Burgas.

Temas: FEIJóO AVE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta