A Xunta espera "sen ansiedade" as prioridades do novo Ministerio de Hacienda sobre financiamento

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, pide que a reforma se realice en base ao "principio de igualdade".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/06/2018 | Actualizada ás 13:30

Comparte esta noticia

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, sinala que Galicia espera "sen ningún tipo de ansiedade" a "ver o que di o novo equipo do Ministerio de Facenda" sobre a reforma do financiamento autonómico. Así se expresou logo ser cuestionado polos medios despois do anuncio do Goberno central de abordar cambios no sistema de financiamento autonómico con todos os presidentes.

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez
O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez

Neste sentido, Valeriano Martínez defende que esa reforma se faga con base no "principio de igualdade", xa que "todos os cidadáns valen o mesmo en calquera punto de España". A este respecto, o responsable de Facenda sinala que os servizos públicos "teñen uns custos", mentres "existen factores diferenciais en cada comunidade".

Así, subliña que a Xunta leva "anos traballando" en materia de financiamento autonómico, aínda que "dunha maneira máis acelerada o último ano e medio". "Seguimos tratando de facer os nosos deberes, seguimos mantendo as liñas fundamentais, que é o custo efectivo dos servizos e o que nos iguala a todas as comunidades autónomas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta