Temas: BNG FEIJóO

O BNG insta a Feijóo a dimitir como presidente se marcha a Madrid a dirixir o PP

Pontón asegura que o Bloque "defenderá os intereses" de Galicia no Parlamento fronte a un titular da Xunta "en modo candidato".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/06/2018 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia

O BNG instou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a "dimitir" no "mesmo momento no que presente a súa candidatura" para liderar o Partido Popular a nivel estatal xa que "Galicia non pode ser un segundo prato". "Ten que elixir, ou ser sucesor de Rajoy ou ser presidente de Galicia", advertiu.

A líder do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa
A líder do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

Nunha rolda de prensa ofrecida este luns, a líder do Bloque asegurou que, na actualidade, o máximo mandatario autonómico ten unha "axenda de ambición persoal" na que "Galicia queda reducida a unha sala de espera vip mentres espera polo seu avión para Madrid".

Por iso, aínda que ve "lexítimo" que Núñez Feijóo queira "postularse" como líder do Partido Popular, argumentou que "sería unha falta de respecto ter un goberno paralizado" e "subordinado" á súa "axenda persoal.

"Fronte a este presidente en modo candidato" e que "só ten na cabeza como pilotar a un Partido Popular condenado por corrupción", a portavoz nacional do BNG destacou que a súa formación defenderá no Parlamento galego "os intereses de Galicia".

"AXENDA GALEGA"

Para iso, nun contexto de cambio no Goberno central despois da moción de censura, incidiu en que o Bloque proporá na Cámara autonómica activar unha "axenda de país" que "poña encima da mesa" os temas "chave" para Galicia como, na súa opinión, son a transferencia da AP-9, a derrogación da prórroga que permite a continuidade de Ence na ría de Pontevedra, así como a reclamación do Pazo de Meirás.

Así mesmo, volveu a referirse á "necesidade" de pór en marcha unha "tarifa eléctrica galega" que "permita rebaixar un 15%" o recibo da luz; un novo "modelo de financiamento", baseando no concerto económico, que acabe coa infrafinanciación dos concellos galegos"; así como máis recursos para a loita contra a violencia de xénero.

Ademais, nunha intervención na que pediu a modernización do ferrocarril ou o cumprimento dos prazos da AVE, propuxo de novo a constitución dunha ponencia para "superar o actual marco estatutario" e evitar que Galicia quede "atrás" como "nación sen Estado".

Temas: BNG FEIJóO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

3 dxqm

Realmente, Ana Pontón non está eiquí porque vai invitada ( de incógnito ) ao cume norcorena - usa: o seu carácter de lideresa mundial así o esixe. Os dous dirixentes exixiron a sua presenza para reunirse.

2 comunista independentista

Pero... realmente a alguén lle importa o que digan os catro que quedan no Bloque?

1 unmais

A quen lle importa o que ti dis?, pergunto, ten un poucode educación e de respeito polas persoas as que representan os 5 deputados do BNG, parece que o que che molesta e que presenten propostas que lle interesan a xente mentres que ti o único que fas é criticar aos que asa fan

1 Galegus

E para cando dimite Pontona e busca un traballo normal como o resto.?

1 Españolus

Coma o resto de que, tedes algunha liberacionciña os da Marea?

2 unmais

A que tiña que dimitir era a macarra rompecoches, tal e como dixeron os militantes da sua propia organizacion