Santos avisa que foron "os inscritos" os que elixiron "como" iría Podemos ás municipais

A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, replicou ao portavoz de En Marea, Luís Villares, quen o domingo pasado dixera que "ninguén a 600 km pode impor" a maneira na que se presentarían as Mareas ás eleccións de 2019.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/06/2018 | Actualizada ás 18:54

Comparte esta noticia

A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, replicou ao portavoz de En Marea, Luís Villares, que foron "os inscritos galegos" e non "Madrid" quen elixiu "como" se presentaría o partido morado nas eleccións municipais do próximo ano.

Luis Villares, de En Marea
Luis Villares, de En Marea

Santos respondeu desta maneira ás palabras de Villares nas que, o pasado domingo nunha entrevista na Radio Galega, indicou "ninguén a 600 quilómetros pode impor de que forma se presanta cada marea ás eleccións" en referencia ao pacto entre EU-Podemos a nivel estatal polo que estes partidos queren establecer alianzas en formato de coalición e co seu nome na candidatura excepto nos lugares onde xa exista unha "marca consolidada" da esquerda rupturista.

Este luns, nunha comparecencia de prensa celebrada en Santiago, a tamén deputada de En Marea lembrou que o partido morado realizou unha consulta "concello por concello" na que se lles "preguntou aos inscritos" como querían que se presente Podemos nas municipais.

Deste xeito, lembrou que no devandito proceso participaron "máis de 6.000" persoas, cifra que contrapuxo aos "600, 700" inscritos que votaron na última consulta realizada por En Marea, referente ao caso da deputada Paula Quinteiro. "Eu non vexo Madrid por ningunha parte, vexo inscritos en Galicia. Aquí deciden os inscritos, que son galegos e galegas", remarcou Carmen Santos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

7 Delegada Podemos Noroeste

Nos sei a que agardan Villares e os de obediencia galega para romper con Podemos, Izquierda Unida, PCE, ANOVA e FPG. Os títeres de Madrid bailan o que lles mandan desde Galapagar. Esta Carmiña cada vez que fala produce arcadas, eu aconsellaria que procurase acomodo no PP, o perfil serve: ampla experiencia en sectas perniciosas e adoración ao semideus madrileño.

6 Paula Loctite

Dos que di non votaron nin a metade nunha votación desde Madrid, logo pactaron en Madrid con Izquierda Unida unha coalición e queren aplicala en Galicia pasando de En Marea. A señora de Podemos que agarde polas mareíñas: we do not forgive, we do not forget, expect us

5 Santos's Show telelevision

Esta ten algún programa de humor en algunha televisión ejpañola? Que cachonda é, sempre ten algún chiste que contar...

4 Athletic Club

Auuuupa!!!!! Adiante Villares. Hai marea. Abaixo os chupóns/nas de postos.

3 Comunista dependentista

A última enquisa dá 3 deputados nas listas de Pablemos, traducido ao efecto real supón 0-1 nas próximas eleccións, vai haber moita franternidade na elección das listas, con Procesiones unchained xa veredes.

1 Comunista independentista

Estamos subindo. Só mentes enfermas bloqueiras e pepeiras poden pensar que baixa mos....

2 Comunista dependentista

Está claro, como a espuma e de feito seredes máis liberados, non menos. La culpa és de la upegá bloqueira del pepé.