Temas: A CORUñA

PP e PSOE tomban un aumento de case un millón de euros para festas e cultura na Coruña, que ven un "malgasto"

Fronte ao crédito "necesario" defendido polo goberno local, a oposición cuestiona as partidas.

Por E.P. | A CORUÑA | 11/06/2018 | Actualizada ás 20:17

Comparte esta noticia

Os votos en contra de PP e PSOE impediron que a proposta do goberno local da Coruña, de incorporar un suplemento de crédito por importe de case un millón de euros ao Instituto Municipal Cultura Espectáculos (IMCE) para festas e actividades culturais, saíse adiante no pleno da Corporación deste luns.

Pleno A Coruña
Pleno A Coruña | Fonte: Europa Press

O BNG, pola súa banda, abstívose neste punto, que contou con críticas de todos os grupos, que cuestionaron o investimento neste capítulo. Así, o portavoz socialista, José Manuel Sande, reclamou explicacións "con detalle" das partidas.

"Trátase dun crédito necesario que se tomba á lixeira", expuxo, á súa vez, o concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, despois de que, desde o PP, o seu portavoz, Rosa Gallego, cualificase a partida prevista de "malgasto".

No pleno, aprobouse tamén, cos votos de Marea Atlántica, BNG e PSOE e en contra do PP, unha moción da formación nacionalista contra a "supresión" das desconexións locais e do programa 'Diario Cultural' da CRTVG, aínda que desde a compañía rexeitan esta afirmación e atribúen as modificacións a un "cambio de formato".

ORDENANZA DE REHABILITACIÓN

Noutra orde de cousas, o pleno municipal aprobou, de maneira inicial, a modificación da ordenanza municipal de conservación e rehabilitación de inmobles para incrementar as contías máximas de axudas da administración local á cidadanía co obxectivo de fomentar estas actuacións na Cidade Vella, Pescadería e os núcleos tradicionais do municipio.

Por outra banda, na sesión plenaria deste luns tomaron posesión das súas actas polo PP a concelleira Susana Pazo Meijide e o concelleiro Enrique de Salvador Sánchez en substitución das edís Rosa Lendoiro e Lucía Canabal que presentaron a súa renuncia.

Temas: A CORUñA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Será que hai festas e festas...? O que non sabemos é canto costan as festas en Vigo, é todo un MISTERIO (cousas que ten ser maioría absoluta SEN OPOSICIÓN !!!) http://xornal.vigo.org/xnnoticia.ph...