PP de Ourense reúnese xa este martes para aprobar a repartición de compromisarios para o Congreso da sucesión de Rajoy

O PP de Ourense reunirá este martes xa ao seu comité executivo provincial para aprobar a repartición de compromisarios para o Congreso Extraordinario no que se elixirá ao sucesor de Mariano Rajoy á fronte do partido nacional.

MADRID | 11/06/2018 | Actualizada ás 21:20 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O PP de Ourense reunirá este martes xa ao seu comité executivo provincial para aprobar a repartición de compromisarios para o Congreso Extraordinario no que se elixirá ao sucesor de Mariano Rajoy á fronte do partido nacional.

Así, o propio presidente provincial, Manuel Baltar, avanzou na súa conta de Twitter que "non hai tempo que perder" para a organización do congreso e, deste xeito, reunirase este martes para a repartición de compromisarios.

Nos próximos días farano tamén o resto das provincias galegas e, de feito, a dirección provincial da Coruña ten previsto reunirse este xoves, segundo confirmaron fontes populares a Europa Press. Como mínimo, cada provincia conta con seis compromisarios, ademais dos membros natos que poden acudir.

O resto distribúese outorgando un 75% segundo afiliación e un 25% por resultados electorais das anteriores Eleccións Xerais. Esa elección de compromisarios electos celebrarase en toda España o 5 de xullo, momento no que haberá unha primeira elección entre os candidatos que se postulen, de haber varios nomes que se presenten para suceder a Rajoy.

En xeral, un total de 3.134 compromisarios acudirán ao XIX congreso extraordinario que o PP celebrará en Madrid os días 20 e 21 de xullo, dos cales 522 son membros natos e 2.612 son electos en cada unha das provincias.

PRIMEIRA REUNIÓN DE ORGANIZACIÓN

Após aprobar este luns a Xunta Directiva Nacional do PP a celebración do conclave, a comisión organizadora reuniuse na tarde deste luns para empezar a prepara o congreso. O primeiro prazo crave é o que se sitúa entre o 18 e o 20 de xuño, cando os candidatos que queiran presentarse deben facelo co aval de cen militantes.

Os afiliados poderán inscribirse para participar na elección do presidente do PP desde este luns até o 25 de xuño, ás 14,00 horas, e para participar como compromisario no congreso até o 29 de xuño ás 14,00 horas.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta