Loito no Concello de Carnota

O Concello de Carnota (A Coruña) decretou dous días de loito polos dous irmáns falecidos nun accidente de tráfico. O centro educativo prepara unha pequena homenaxe para lembrar á alumna falecida.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/06/2018 | Actualizada ás 13:06

Comparte esta noticia

O Concello de Carnota (A Coruña) decretou dous días de loito en apoio á familia dos dous irmáns falecidos nun accidente de tráfico na  tarde do luns cando o mozo, de 19 anos, levaba á súa irmá menor de idade ao instituto.

Concello de Carnota
Concello de Carnota | Fonte: QPC

Segundo explicou a Europa Press o alcalde da localidade, Ramón Noceda (BNG), o Concello acordou os dous días de loito, este martes e mércores, como "algo simbólico" en "apoio" á familia dos dous mozos.

O rexedor expresou o pesar do Concello, que prestou axuda psicolóxica á familia "para pasar este trago". "É duro", afirmou o alcalde, quen indicou que se suspenderon "algunhas actividades" municipais relacionadas co fútbol ou a música, actividades que practicaban os rapaces falecidos. Tamén o centro educativo no que estudaba a menor prepara unha "pequena homenaxe", apuntou o alcalde, para lembrar á alumna falecida neste accidente de tráfico.

ACCIDENTE

O accidente tivo lugar sobre as 16,00 horas deste luns na estrada AC-550, nun tramo de curvas situado á saída de Caldebarcos cara a Muros. Os dous mozos, I.S.C., de 19 anos e a súa irmá menor, faleceron ao chocar o seu turismo contra outro coche despois de que un deles perdese o control e invadise o carril contrario.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta