Rueda apela á "responsabilidade" dos funcionarios para recuperar a normalidade nos xulgados despois da folga

Anuncia a elaboración dun informe para concretar un plan de reforzo segundo a situación de cada xulgado ou ámbito xurisdiccional.

Por E.P. | A CORUÑA | 13/06/2018 | Actualizada ás 12:05

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, apelou á "responsabilidade" dos funcionarios para recuperar a normalidade nos xulgados galegos despois de tres meses de paro.

Xuntanza dos sindicatos da xustiza e a Xunta
Xuntanza dos sindicatos da xustiza e a Xunta | Fonte: EP

Fíxoo despois de que o luns, após unha reunión co presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Miguel Ángel Cadenas, e o vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), Juan Manuel Fernández, confirmase que o reforzo nos xulgados comezará este venres nos servizos de notificacións e rexistro, con horas extra de funcionarios.

Posteriormente, elaborarase un informe para concretar un plan de reforzo segundo a situación de cada xulgado ou ámbito xurisdiccional, de acordo co exposto ao termo da citada reunión.

"Seguro que teremos a responsabilidade dos funcionarios", sinalou Rueda na súa intervención na inauguración nun curso da Escola de Verán do Ministerio Fiscal coa presenza de fiscais, aos que pediu tamén a súa colaboración.

Desta, dixo que é "imprescindible" para que os xulgados galegos retomen a normalidade. O mesmo considerou no caso xuíces e letrados da Administración de Xustiza. "Para superar este impacto forte -o da folga- nun prazo razoable", recalcou na súa intervención.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 siete tazas

y la CUT qué, ya se quitó la camiseta?