Está o xulgado do Penal de Ferrol nun "absoluto caos"?

Tras os tres meses de folga indefinida, o traballo no Penal número 2 de Ferrol acumúlase e a Xunta de Galicia négase a cubrir as tres prazas de traballo baleiras. Son as denuncias dos voceiros de Alternativa da Xustiza-CUT.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 14/06/2018 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A situación do Penal número 2 de Ferrol é de "absoluto colapso", tal e como denuncia o sindicato CUT. Tras tres meses de folga indefinida, ducias de xuízos e actuacións suspendidas, "a discriminación que sofre o xulgado do Penal número 2 de Ferrol dende o momento da creación" non se solventa. 

A acumulación de traballo no Xulgado do Penal en Ferrol
A acumulación de traballo no Xulgado do Penal en Ferrol | Fonte: cedida

Ademais de contar con dous traballadores menos dos que lle corresponde no cadro de persoal dende os inicios - 2014-, agora a situación vese agravada pola negativa da Xunta de Galicia de nomear un funcionario interino para cubrir outra praza. Así pois, sendo a plantilla orgánica que lle corresponde de oito traballadores, actualmente só están empregadas cinco persoas. Segundo denuncia a central sindical, durante todo este tempo non se nomearon interinos nin reforzos para suplir este déficil de plantilla.

Desta maneira, quéixanse da "falta de interese por parte da Xunta de Galicia e do propio Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) para poñer en funcionamento uns plans reais e adecuados" que lles permitan recuperar o traballo acumulado ao longo destes meses. 

PROBLEMA ENDÉMICO

Esta "problemática endémica" vese reflexada no resultado do traballo: "resulta imposible compatibilizar a xestión do e-fidelius (sistema de grabación de xuizos) coa práctica do resto de tarefas inherentes ao funcionario de auxilio xudicial, como pode ser o correo ordinario e urxente, xestión do arquivo, atención inicial ao cidadán, practica dos actos de comunicación, notificacións, citacións...", aseguran.

Ao longo destes trece anos, as respostas que recibiron da Secretaria coordinadora e da Secretaria de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza foi que a plantilla do xulgado era máis que suficiente. Así a situación, esixen que a Xunta de Galicia nomee de maneira inmediata un funcionario interino para a praza do Xulgado do Penal. "Non é asumible que a Xunta, ademais de manter un xulgado con menos persoal do que aparece publicado no BOE, aínda por riba non cubra as prazas", reivindica o sindicato.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta