A "pantasma" da relación co narcotráfico persegue a Feijóo no estranxeiro... e tamén en Madrid

Medios portugueses relacionan a incautación do libro Fariña co pasado do PP e algúns dos seus dirixentes, como o presidente galego, co narcotráfico nos anos 80 e 90. "Vexo que está nunha situación moi difícil porque alguén que pretende ser líder dun partido de poder na Unión Europea vai ter que explicar porque era amigo dun 'capo' do contrabando e do narcotráfico de Galicia", suliña Nacho Carretero.

Por Galicia Confidencial | Lisboa | 13/06/2018 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

"Feijóo tiña case conseguido esconder ese morto. Pero o asunto 'Fariña', que foi case un fenómeno cultural hai uns anos en Galicia volveu a aparecerlle en fronte e dunha forma moi clara". Son as palabras do escritor e xornalista Nacho Carretero, autor deste libro incautado e prohibido en España. Unha entrevista súa á axencia Lusa, replicada por numerosos medios portugueses, volve poñer en entredito a relación do xefe do Executivo galego co narcotráfico, xusto agora que se decide o seu futuro como sucesor de Rajoy.

"Ao longo do livro 'Farinha' (termo utilizado pelos traficantes de droga para designar cocaína) são abordadas as relações entre os contrabandistas e traficantes com os políticos locais desde o período do contrabando de tabaco até ao caso tornado público em 2013 das fotografias (datadas de 1995) do atual presidente da Xunta da Galiza, Alberto Nuñes Feijóo, do Partido Popular com Marcial Dorado, conhecido contrabandista galego", recolle a axencia de noticias máis importante de Portugal.

"Se Feijóo pensa en voos máis altos como parece que pretende, como mínimo, vai ter que afrontar a oposición co asunto e cuéstionome se vai ser posíbel esconder ese 'cadáver' que ten atrás del", subliña o autor do libro e xornalista do El País engadindo que, en concreto, pode ser "complicado" explicar as amizades do pasado.

Un pasado co narcotraficante Dorado que o presidente galego xa abordou noutras ocasións, a última, hai uns meses no programa Salvados, de La Sexta. Con todo, é unha cuestión da que Feijóo evita falar sempre que pode e, de feito, os medios afín ou os medios subvencionados --a maioría dos grandes grupos mediaticos galegos-- evitan lembrar este anaco do pasado do presidente galego.

Feijóo con Dorado no iate deste último nos anos noventa
Feijóo con Dorado no iate deste último nos anos noventa | Fonte: El País

"DIFÍCIL EXPLICALO NA UE"

"Vexo que está nunha situación moi difícil porque alguén que pretende ser líder dun partido de poder na Unión Europea vai ter que explicar porque era amigo dun 'capo' do contrabando e do narcotráfico de Galicia", afirma Carretero na súa entrevista. De feito, Carretero cre que Feijóo terá difícil ocultar esta situación en Madrid, a pesar do doado que lle foi facelo en Galicia. De fieto, e xa coas famosos fotos co narco publicadas, o líder do PPdeG volveu gañar unhas eleccións autonómicas con maioría absoluta. "Isto pode indicar que, polo menos, en Galicia pode aínda haber unha correcta tolerancia" con este fenómeno, segundo os medios lusos.

De feito, o xornalista lembra que a Galicia dos anos 80 foi o maior punto de entrada da cocaína colombiana en Europa e que as actividades criminosas relacionadas co tráfico de droga contaron durante moito tempo coa "convivencia" non só da sociedade, senón tamén do poder político.

"Sen a permisividade do poder, o fenómeno criminal non ten éxito, tal como vemos en Italia. En Galicia, a política non deu importancia ao fenómeno e por iso beneficiouse desta actividade que é unha actividade económica xigantesca. Por tanto, o asunto é político, a responsabilidade é política e é xusto que Feijóo teña que dar explicacións porque pertence a unha clase política e a unha xeración política que estivo demasiado preto desa realidade e que a encarou con normalidade", indicou.

O PODER DO NARCOTRÁFICO EN GALICIA

"O que máis me chamou a atención foi o poder que os narcotraficantes alcanzaron en Galicia. Un poder 'mafioso'. Chegaron a estar dentro das institucións. Houbo alcaldes narcotraficantes, políticos moi ligados ás actividades de contrabando e narcotráfico e ese poder foi trabado como nun xogo de fútbol: no último minuto coa Operación Nécora, desencadeada o día 12 de xuño de 1990 polo xuíz Baltazar Garzón, e que impediu en Galicia chegara aos niveis que se viven aínda hoxe en Sicilia. Sería moi duro volver a recuperar as institucións", afirma o xornalista galego.

Esta entrevista a Carretero chega logo de que o seu libro fora editado e publicado en Portugal baixo o nome de "Farinha". Unha publicación que tamén denunciou ante os tribunais a mesma persoa que conseguiu que un xuíz o incautara no Estado español, o exalcalde do Grove, José Alfredo Bea Goldar, unha das persoas que aparece nel polas súas presuntas relacións co mundo do narcotráfico.

No libro, o autor cita fontes xornalísticas, policías e xudiciais para facer o historial do tráfico ilegal de cocaína e haxixe, unha actividade ilegal, "aínda se mantén activa", que tivo como orixe o contrabando de tabaco desde mediados do século XX.

Nacho Carretero, autor de Fariña, nunha imaxe do seu Twitter
Nacho Carretero, autor de Fariña, nunha imaxe do seu Twitter
Noticias nas que aparecen condenas a Marcial Dorado por contrabando a comezos dos 90, antes de que Feijóo se relacionara con el
Noticias nas que aparecen condenas a Marcial Dorado por contrabando a comezos dos 90, antes de que Feijóo se relacionara con el
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Alberte

"No estranxeiro... e tamén en Madrid". Que redundancia!

1 Chan Güi

Hai xente que non sabe máis...

2 Piquembauer

Se queda!

1 burro fariñento non pode

FRIJOLES as fotos sórdidas a sinvergonzonería mariñeira das fotos do narcotráfico pesa e vai pesar mais por ahí adiante, o estado expañol non pode ter de presidente a un señor mesturado no mundo do narcotráfico, a credibilidade do estado expañol esta baixo minimos, sobor de todo na monoarquia que impide a necesaria remuda das leises, consti-prostitucions, apaños do franquismo e outras lacras que ainda se mateñen... anda e vai despedindote do sono de gobernar expaña, amigo dos narcos, e despois ti falando das outras fotos de Quintana cando non era tampouco presidente da xunta, reunindose cun empresario, EMPRESARIO, polo tema de mater medios e xornais en galego, ti frijolito marcaches o top ten das fotos, agora non te queixes, so cinico, cinico que xa sabias que te tiñan fotografado un.ha e outra vez nese iate dos fariñentos

1 pois que marche

porque se fica na GZ seguro que sae votado e ghanha outra vez