Temas: XORNALISMO CPXG

Se un médico ten que estar titulado para exercer, por que non un xornalista?

Os Colexios de Xornalistas demandan no Congreso que a titulación sexa obrigatoria para o exercicio da profesión.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/06/2018 | Actualizada ás 20:40

Comparte esta noticia

Estar titulado para exercer como xornalista. É unha das reivindicacións das entidades e asociacións profesionais deste gremio, sobre todo, de aquelas persoas que traballan nesta profesión cando hai centos de xornalistas en paro. O último caso, o do Concello de Arzúa que, por segunda ocasión nunha convocatoria pública, eximía aos candidatos de ter titulación en Comunicación para a a contratación laboral dun auxiliar da radio municipal. 

Xornalistas da TVG denuncian a manipulación informativa
Xornalistas da TVG denuncian a manipulación informativa

Por iso, este mércores, todos os colexios de xornalistas do Estado reclamáronlle ao novo goberno de Pedro Śánchez que a titulación sexa obrigatoria para exercer como comunicador ou xornalista. “Este é un paso mais non soamente na demanda dunha lexítima reivindicación para a profesión senón tamén na aposta clara dos Colexios Profesionais de Xornalistas de toda España pola dignificación do noso traballo e defensa dos intereses dun colectivo que é piar básico da sociedade á que serve”, declarou o decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), Francisco X. González Sarria.

Os colexios reclamaron a fin da actual desregulación do sector mediante a promulgación do 'Estatuto do Xornalista', unha norma que devolva a obligatoriedade de dispór da correspondente titulación para o exercicio profesional do xornalismo, expedida por calquera das Facultades de Xornalismo e Comunicación Audiovisual existentes en España.

Deste xeito, piden que se poña fin ao intrusismo, como primeiro paso para protexer o dereito fundamental de información da cidadanía, hoxe atacado pola proliferación de noticias falsas, “confundindo deliberadamente a sociedade, xa que neles calquera atisbo de xornalismo brilla pola súa ausencia”.

Esixiron á súa vez a urxente promulgación da Lei de Creación do Consello Xeral de Colexios Profesionais de Xornalistas, tal e como dispón con carácter imperativo a lexislación vixente en materia de Colexios Profesionais. Os Colexios confían en que esta norma poida ser tramitada como proposición de Lei por parte do lexislativo, poñendo fin ao inexplicable bloqueo que deu pé a situacións tan inxustas como a creación de Consellos Xerais doutras profesións cuxos Colexios naceron despois que os Colexios de Xornalistas, mentres a profesión xornalística segue a esperar.

DEREITOS DE AUTOR

A necesidade de reformar a Lei de Propiedade Intelectual para que os dereitos de autor dos xornalistas queden expresamente recollidos nela; a derogación dos artigos da Lei de Seguridade Cidadá ('Lei Mordaza') que limitan dereitos sen crear maior seguridade; e a petición do concurso para que a renovación do Consello de Administración da RTVE se leve a cabo coa maior celeridade, foron outros dos asuntos abordados polos Colexios de Xornalistas tanto coa presidenta do Congreso, como cos Grupos Parlamentarios.

No mesmo sentido, os Colexios reclaman outros cambios que permitirían melloras notables para os profesionais e abrirían novas oportunidades de emprego tanto no sector público, mediante a creación de postos específicos de técnicos de comunicación nas administracións públicas; como no privado, permitindo o acceso á docencia nos distintos niveis educativos, realizando cambios na clasificación de actividades económicas para outorgar maior identidade ás distintas facetas profesionais así como no tratamento do IVE, que afecta especialmente aos xornalistas á peza.

As anteriores demandas foron formuladas de xeito unánime por todos os Colexios de Xornalistas existentes en España e que actualmente son os de Cataluña, Galicia, Murcia, Andalucía, País Vasco, Castela e León, A Rioxa, Asturias e Navarra. A Lei de Creación do Colexio de Xornalistas de Aragón xa foi promulgada e están en trámite as dos Colexios de Cantabria e Canarias.

Temas: XORNALISMO CPXG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Toles

Que sentido ten a foto que usades??? Se a metade dos que saen mesa foto non son xornalistas. Estades mooooi mal

3 unmais

Unha persoa por escribir non pon en risco a vida de ninguen. Por outra parte se so pudesen publicar os xornalistas, non poderiamos ler a un científico facendo divulgacion da ciencia, a un historiador explicándonos a historia etc, que como son especialistas en xeral saben do seu tema mais que un xornalista, e estaríamos limitando moitisimo a información e a formación, pensó que é de sentido comun

2 Vijiano

No se puede comparar una profesión como la de médico que afecta directamente a la vida y la salud de las personas y que estudia durante largos años algo tan complejo como la anatomía con el periodismo. Hay montones de ejemplos de excelentes comunicadores, columnistas e informadores sin título de periodista y ejemplos deplorables de lo contrario.

1 Sepultureiro

secais porque dende que existe a carreira, o xornalismo virouse meras manipulacións comunicativas de xente escasa de formación intelectual?