Marcha en Teo contra a planta de reciclaxe en Casalonga

A Plataforma Veciñal Casalonga Limpa de Residuos convoca unha marcha para este domingo 17 en dirección ao monte Casalonga, onde a empresa Toysal pretende construir unha planta de reciclaxe industrial.

Por Galicia Confidencial | Teo | 14/06/2018 | Actualizada ás 11:13

Comparte esta noticia

Vista aérea da canteira Casalonga
Vista aérea da canteira Casalonga | Fonte: BNG Teo

A saída está programada para as 11 da mañá desde sete puntos diferentes de partida, aproximadamente a 2 quilómetros cada un do lugar onde a empresa Toysal querería emprazar as instalacións de reciclaxe. 

Os lugares desde onde se partirá serán a canteira abandonada en Teo, serán a estación de tren de Osebe, a escola de Casalonga, a capela de Ameneiro, a Carballeira do San Martiño en Francos, o parque de Texexe, a área recreativa de Mouromorto e a Carballeira de Luou. Todos estes puntos de partida confluirán na Carballeira de Cornide.

Alí instalarase un palco ademais do stand da plataforma. Haberá actuacións musicais a cargo da veciñanza e rematarase o encontro coa lectura dun comunicado convidando á xente a finalizar a andaina subindo ao monte da Casalonga, a poucos metros da Carballeira de Cornide. Durante o acto en Cornide, haberá recollida de sinaturas e venda de camisolas. A plataforma está satisfeita coa iniciativa realizada para a recollida de sinaturas e venda de camisetas. 

A Plataforma Veciñal Casalonga Limpa de Residuos naceu o día 4 de xuño para facer fronte á iniciativa da empresa Toysal de construir unhas instalacións para o tratamento de residuos industriais. Esta empresa é tamén a que leva o vertedoiro das Somozas, que segundo fontes próximas ao sector da reciclaxe, din que está a piques de sobordar os seus límites. 

Para máis información  http://casalongalimpa.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta