Temas: LUMES VIGO

Detida unha muller en relación co incendio que obrigou a desaloxar un inmoble en Vigo

As chamas producíronse nunha bufarda antiga onde a veciñanza depositaba diversos mobles.

Por E.P. | VIGO | 14/06/2018 | Actualizada ás 10:48

Comparte esta noticia

Unha muller foi detida en relación co incendio declarado pouco antes das 7,00 horas deste xoves nunha bufarda; un lume que obrigou a desaloxar o resto de veciños do edificio "por precaución". Así o comunicaron fontes da Policía Nacional, que informaron de que o caso está en fase de investigación e a detida atópase "ingresada e pendente de valoración psiquiátrica".

Incendio na Rúa Elduayen (Vigo)
Incendio na Rúa Elduayen (Vigo) | Fonte: crtvg

Os feitos ocorreron á primeira hora da mañá deste xoves na rúa Elduayen, concretamente no número 26. Ata alí desprazáronse dotacións dos parques de Bombeiros de Balaídos e de Teis. En concreto, as chamas producíronse nunha bufarda antiga, na que os veciños depositan diversos aveños e mobles. "Por precaución", todos os veciños foron desaloxados e non puideron regresar as súas vivendas durante unhas dúas horas.

Temas: LUMES VIGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta