Temas: OURENSE

Protestas pola situación dos xardíns en Ourense

"A concesionaria non cumpre e o concello mira para outro lado". Son as queixas de CCOO e de asociacións veciñais do municipio.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 14/06/2018 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

As zonas axardinadas da cidade de Ourense atópanse nunha "situación deplorable, a peor de todos os tempos", quéixanse. Por iso, CCOO vén de convocar mobilizacións do persoal deste servizo todos os venres de xullo diante do Concello para demandar un aumento na plantilla e o mantemento axeitado dos parques e xardíns.

Xardín das Burgas (Ourense)
Xardín das Burgas (Ourense) | Fonte: wikipedia

CCOO apela directamente á concesionaria encargada do mantemento dos parques, Valoriza, por ter traballando só a 15 persoas a pesar de ter 100.000  m2 máis que manter ca a concesionaria anterior. Esta última, ademais, tiña na súa plantilla 18 persoas e 21 na época de máis traballo.

"O número de traballadores de Valoriza é a todas luces insuficiente para manter
todos os espazos que ten encomendados" asegura CCOO. Esta carencia de persoal únese á falta de descanso dos traballadores pola importante carga de traballo á que se ven sometidos. Ademais, segundo informa o sindicato, Valoriza incumpre o estipulado respecto da instalación de rega automática e non dispón das ferramentas axeitadas para aquelas zonas sen instalación de rega. 

Todo isto, din, "leva a un deterioro do servizo público e das condicións laborais do persoal". Mentres tanto, o Concello de Ourense, contratante do servizo, "mira para outro lado e permite o paulatino deterioro dos xardíns". Así pois, o sindicato anima ao conxunto da cidadanía a participar destas protestas "polo dereito a que se preste o servizo coa calidade correspondente e para esixir ao Concello de Ourense, como xestor dos nosos impostos e contratante, a prestación deste servizo". 

Temas: OURENSE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Galegus

Non pasa nada, jesusito está de viaxe permanente