Temas: MúSICA

Humor e espectáculo para conmemorar o 5º aniversario de Mar de Lumes

A actuación de F.R.A.C e do Puto Coro do Exército Froilanista animarán a noite do sábado 16 de xuño, a partir das 10 da noite, na Gentalha do Pichel.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 15/06/2018 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

A asociación Mar de Lumes, para conmemorar o seu 5º aniversario, organiza un concerto pola liberdade de expresión este sábado 16 de xuño coa música de F.R.A.C. (Fundación de Raperos Atípicos de Cádiz) e do Puto Coro do Exército Froilanista. Será ás 22h00 na Gentalha Do Pichel e o seu custo será de 4€ (3 para socias).

O colectivo Mar de Lumes nunha mobilización
O colectivo Mar de Lumes nunha mobilización | Fonte: Mar de Lumes

Con 10 anos sobre os escenarios e sete discos publicados, F.R.A.C. chega a Compostela este sábado onde ofrecerá un concerto sobre instrumentais de reggae, dub e rap, cunha mensaxe crítica, irónica e con moito humor gaditano sobre temas de actualidade. Ofrecen un show que en cada actuación é diferente, pois a F.R.A.C. adáptase a públicos, espazos e acontecementos para manterse ao día nas noticias que despois plasma nos directos con sarcasmo, co obxectivo de facer pensar, debater e espertar.

O Puto Coro do Exército Froilanista defínese como a primeira banda galega monarco-punk e publicou o chamado "Black Album" para celebrar os 18 anos de Froilán, lexítimo herdeiro da Coroa de Galicia. Son seis himnos cargados de reivindicacións froilanistas e anti-borbónicas, "As súas actuacións fan as delicias de punks e republicanos, mais advirten de que se deben afastar as mentes delicadas, ben pensantes e monárquicas", din as organizadoras.

Así é como Mar de Lumes celebra estes cinco anos de traballo en prol da solidariedade internacionalista e "para apoiar procesos de emancipación nacional e loitas contra o imperialismo, que colocan Galicia no mapa dos pobos do mundo", aseguran. Un variado programa de actividades serven para conmemorar o labor da asociación. Foron máis de 200 as actividades e campañas organizadas no ámbito da solidariedade e do tecido social e político galego. Palestras, mesas redondas, videoforos, concentracións e manifestacións públicas, campañas de axitación na rúa, festas e misións de observación internacional, complétanse, así, coa participación e o impulso de plataformas plurais para dar resposta en chave de país a conflitos tan diversos como as guerras imperialistas ou o proceso político catalán.

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

1 MaikelborrachoideNoia

Está ben o invento este de Mar de Lumbres, así o partido-taxi chamado MGS fai algo máis que xestionar perfís troll nas redes sociais, ser os palanganeiros da UPG e vivir das liberacións da CIG. Parabéns chavalotes, xa sodes útiles para algo.

1 Ulrike M

Pero aínda existe o MGS? Non quedara diluído en Troleada Bloqueira?

2 Fran do Covelo

Non vos preocupedes tanto, sabido é que o BNG e os que bailan ao seu redor traballa para o PsoEspañolisimo, son disidencia controlada e pagada (seguramente esfameada) polo sistema. Exactamente o mesmo sistema corrupto, casposo e españolista que vos alimenta a vosoutros, cachorros do PcE (o chiringuito paralelo á vosa odiada UPG), travestidos de Izquierda Unida e marea de Podemos, para beneficio e gloria da socialdemocracia (riamos, é un dicer, o liberalismo puro e duro tamén se disfraza) do voso eterno aliado o PsoEspañolisimo. E agora, sigan ladrando para defender o seu amo e agardando polo óso de propina!

3 Ch0v1

Os da FPG que vides trollear aquí ao final seredes desenmascarados un por un.

4 Sabucedo

Palermas do Bloque suicida e das Mareas entregadas a Podemos de IU (do PCE), qué tal co PsoE? Con Borrell centralismo progre, con Marlaska que amparou tortura, co breve figura defraudador pillado, co imputado de agricultura e coa moi sospeitosa das contas (antes na sanidade andaluza)... Se seguen así os vosos limpos do PsoE (partido do Gal, da OTAN, de Filesa, do latrocinio da banda de Felipe, do 135 e do 155, do apoio ao Borbón...), pronto estaredes á altura da mafia do Partido Podre. E coa inestimable apoio do Bloque e das Mareiñas vendidas!