Temas: DOAZóNS

As reservas do grupo sanguíneo A negativo seguen baixas en Galicia

Para facilitar a doazón, ADOS desprazará unidades móbiles a municipios coruñeses e localidades luguesas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2018 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

As reservas do grupo sanguíneo A negativo (A-) seguen baixas en Galicia, mentres que as de Cero negativo (0-), Cero positivo (0+) e A positivo (A+) permanecen normais, segundo a información difundida este xoves pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS).

Unha unidade móbil para doar sangue.
Unha unidade móbil para doar sangue. | Fonte: Europa Press

ADOS lembra que para poder atender as necesidades dos centros sanitarios galegos son necesarias 500 doazóns de sangue cada día, polo que subliña a importancia de acudir a doar de todos os grupos sanguíneos. Co fin de facilitar a doazón, o vindeiro luns, 18 de xuño, ADOS desprazará unidades móbiles aos municipios coruñeses de Narón --á beira da cooperativa no Val--, A Coruña --barrio de Monte Alto--, Camariñas --acceso á lonxa-- e Tordoia --diante do Concello--.

Así mesmo, o luns haberá unidades móbiles na localidade luguesa da Pontenova --Praza dos Fornos--, así como nas pontevedresas do Grove --Praza do Corgo--, A Cañiza --fronte ao edificio Gran Sol-- e Nigrán --diante do Consistorio--.

Temas: DOAZóNS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta