Temas: FEIJóO RAJOY

A indecisión de Feijóo tamén afecta ao goberno da Xunta

O líder do PPdeG pon ao Goberno galego como escusa sobre a súa decisión de presentarse como sucesor de Rajoy. "O que máis me pesa na decisión é a Xunta", asegura. Con todo, dirixentes do seu partido recoñecen que a situación creada afecta ao día a día de San Caetano e do propio partido.

Por Xurxo Salgado | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2018 | Actualizada ás 15:08

Comparte esta noticia

A mellor defensa é un bo ataque. E a iso está xogando o presidente da Xunta, a ocultar ás súas bazas para, chegar o momento, lanzarse. Nin tan sequera sectores que, sobre o papel poderían ser aliados seus, saben se presenta a súa candidatura a suceder a Mariano Rajoy no PP. Unha opinión que só reserva aos seus máis achegados.

Feijóo preside o Consello da Xunta, xunto ao vicepresidente, Alfonso Rueda
Feijóo preside o Consello da Xunta, xunto ao vicepresidente, Alfonso Rueda | Fonte: Europa Press

Un día máis, e xa vai máis dunha semana, Alberto Núñez Feijóo xoga ao despiste. Un despiste que comeza xa a afectar ao goberno da Xunta e a desestabilizar o seu goberno e o seu partido en Galicia. "O que máis pesa nesa decisión --a do seu futuro-- é a ser presidente da Xunta", dixo este xoves aos medios na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.

Unha Xunta á que, dixo, adica o "110%" do seu tempo. "A miña axenda como presidente segue activa. Non haberá disminución de ningún dos meus actos. Agora mesmo tería que estar noutro", dixo. Con todo, leva varios días reducindo a súa axenda institucional e, mesmo, faltando a algún acto como presidente, especialmente, polas tardes. Un tempo que estaría adicando, precisamente, a tentar chegar a acordos que o leven a ser o vindeiro líder do PP en España.

"ESTÁ PASANDO FACTURA"

Unha indecisión, a súa, que, dirixentes do partido en Galicia recoñecen que "está pasando factura". E, este xoves, a pesar das preguntas formuladas polos xornalistas, non tampouco quixo aclarar cando convocará, como se comprometeu, un acto de partido para comunicar a decisión que adoptará, sobre a que non quixo dar máis pistas.

"O que queren ser candidatos teñen que facelo de xeito rápido", dixo en alusión a un congreso que terá lugar a vindeira semana. "Non hai partido que faga isto tan rápido coma nós... Imaxinense que o congreso fora en outubro. Sería aburrido para vostedes e para min andar respostando sempre a isto", indicou.

Con todo, negouse a dar días ou datas da súa decisión. "Agora son presidente da Xunta e non teño outras responsabilidades", respondeu en varias ocasións. "Será nun acto de partido ao que serán convidados", engadiu. 

O certo é que desde que se coñeceu a marcha de Rajoy, Feijóo leva días tentando acercar posicións con outros posibles candidatos, entre eles, Soraya Sáenz de Santamaría e María Dolores de Cospedal. Tal e como avanzou GC, o presidente galego non se lanzará a dar a batalla se non ten segura unha vitoria, tal e como xa aconteceu cando sucedeu a Fraga en Galicia. Daquela tiña a todo o aparato de Génova e boa parte do galego da súa banda.

XA HAI CANDIDATOS

A pesar da súa indecisión hai que xa comezou a recoller avais. É o caso do exministro de Asuntos Exteriores José Manuel García-Margallo, enfrontado directamente con Soraya Saénz de Santamaría. Con todo, dixo, estará atento aos pasos de Alberto Núñez Feijóo. Así, admitiu que se o presidente da Xunta presenta a súa candidatura, el "non tería inconveniente" en retirar a súa ao longo do proceso congresual.

"Hai unha incógnita que resolver, que é se Alberto Núñez Feijóo se vai presentar. O escenario é distinto se está ou non está. Se está haberá que tomar decisións", declarou o deputado por Alacante a Europa Press.

Temas: FEIJóO RAJOY
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

1 Trompetista arredista

Hai algunha noticia de Villares???? E que me quería divertir un pouco vendo as intervencións de comunista dependentista e de Bernal Capo de la Figa.... Poñede unha joooooolines...

1 LKI

Está ben que os trolls d BeNeGá vaiades recoñecendo que o voso o inimigo son as mareas e non o PePé-PeSoE. Xa se sabía que sodes uns cipaios ao servizo do rexime, pero confirmalo está mellor.

2 Trompetista arredista

Ja, ja, ja, outro trompetista... E saltades á mínima, picades igualiño que o peixe máis incauto. LKI, Capo de la Figa, comunista soplagaitas... Seguide que así divírtome un montón...

3 LKI

Ai, pobres... Con que pouco se conforman os cipaios galaicos do BeNeGá. O trauma de Amio e de ficar fóra do Congreso foi duro pra eles. Pero está ben que se enorgullen das súas taras e de seren os cans de présa dos partidos dinásticos. O primeiro, recoñecelo.

4 Comunista Independentista

Trompetista, ti aínda non sabes que o Comunista Dependentista, o Capo de la Figa e o LKI somos a mesma besta disfrazada de rupturista? E que sendo tres parecemos máis e igual cazamos inocentes...