Temas: FRASEOLOXíA

"Morra o conto", equivalente á castelá "aquí paz y después gloria"

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 18/06/2018 | Actualizada ás 09:20

Comparte esta noticia

Non sería nada estraño que os que estades a ler este artigo presenciarades ou vivirades nalgunha ocasión unha situación de discusión e enfrontamento entre dúas ou máis persoas que acabou cun morra o conto ou expresión semellante.

Aperta de mans
Aperta de mans | Fonte: mshake.com

Tal e como xa temos comentado nalgunha ocasión, o obxectivo desta serie de artigos é unicamente o de fornecer posibilidades expresivas propias do galego que en moitos contextos conflúen con paremias castelás que paulatinamente están a desprazar aquelas, mais sen entrar en consideracións normativistas acerca de se certas expresións que calcan as castelás –ou que a primeira vista poden parecer calco das castelás– deberían ser aceptadas ou non pola norma (sen prexuízo de que nalgún caso puntual si que poidamos facer algún tipo de valoración ó respecto). Xa que logo, e sen entrar a valorar, polo tanto, se a paremia aquí paz e despois gloria (que xa se recolle nalgunha obra literaria mesmo do século XIX, así como tamén nalgunha fraseolóxica do XX) ten ADN galego ou non vén a ser máis ca un calco da castelá aquí paz y después gloria, o que si podemos afirmar é que na nosa lingua temos varias expresións que se usan nestes contextos e das cales imos dar conta a seguir:

Aquí paz y después gloria

Aquí gracia y después gloria

{= Fórmulas utilizadas para lle poñer fin a unha discusión, lea, disputa… entre dúas ou máis persoas.}

Morra o conto

Acabouse un conto # o conto

● E tamén:

Morra o conto e veña un neto

Morra o conto e veña un vaso

Botémoslle/Botádelle... terra

Ex.: Si las discusiones son diarias, lo mejor es que os divorciéis y aquí paz y después gloria.

Se as discusións son diarias, o mellor é que os divorciedes e morra o contoe acabouse un contoe morra o conto e veña un netoe morra o conto e veña un vasoe botádelle terra.

● Tamén, gardando relación, e só en certos contextos, na medida en que se usa para lles indicar a dúas ou máis persoas que están a discutir que o deixen ou que paren xa, tirando a dicir algo así como “parade xa e non se fale máis do tema” ou “parade xa, acabouse a discusión” (e mesmo podendo combinarse con algunha das expresións reflectidas anteriormente ou incluso entre si):

Chegou o defunto á igrexa && Navallas ó peto && Gardade as navallas

Ex.: ¡Toda la mañana terqueando uno con otro que si roban más los de este partido o los del otro! ¡Dejadlo ya y aquí paz y después gloria!

¡Toda a mañá turrando un contra o outro que se rouban máis os deste partido ou os destoutro! ¡Acabade xa, que chegou o defunto á igrexa!¡Navallas ó peto, que chegou o defunto á igrexa!¡Gardade as navallas, que chegou o defunto á igrexa!¡Morra o conto (, que chegou o defunto á igrexa)!¡Acabouse un/o conto (, que chegou o defunto á igrexa)!¡Navallas ó peto, e morra o conto e veña un neto!¡Deixádeo xa, e morra o conto e veña un vaso!

● E así mesmo, tal e como comentamos no artigo anterior, as expresións que desta volta estamos a ver poden confluír coas equivalentes á castelá “pelillos a la mar”:

Ex.: ¡Toda la mañana terqueando uno con otro que si roban más los de este partido o los del otro! ¡Dejadlo ya y pelillos a la mar!

¡Toda a mañá turrando un contra o outro que se rouban máis os deste partido ou os destoutro! ¡Deixádeo xa e patacas á terrae nabos ó caldeiroe patacas á terra e nabos ó caldeiro!

NOTAS:

1. Cómpre ter en conta que a expresión morra o conto abrangue máis ámbitos de uso cós que aquí se sinalan, pois tamén se pode utilizar, por exemplo, no sentido de “non se fale máis, xa está; trato feito”. Exs.:

—Mi última oferta es de tres mil euros. —Pues ya está, no se hable más.

—A miña última oferta é de tres mil euros. —Pois morra o conto (, non se fale máis).

—Si tú vienes a trabajar este sábado por mí, los dos próximos sábados te los cubro yo. —¡Trato hecho!

—Se ti vés traballar este sábado por min, os dous vindeiros sábados cúbrochos eu. —¡Morra o conto!

2. Nótese tamén que en certos contextos a expresión morra o conto pode variar no que respecta á súa conxugación na liña temporal. Ex.:

—¿Qué ha pasado? —Nada, nada... que dos de los asistentes a la conferencia se han puesto a discutir y la cosa llegó a adquirir cierto grado de tensión, pero rápidamente han terciado unos compañeros y aquí paz y después gloria.

—Que foi? —Nada, nada... que dous dos asistentes á conferencia puxéronse a discutir e a cousa chegou a adquirir certo grao de tensión, pero logo terzaron uns compañeiros e aí morreu o conto.

3. Obsérvese que na expresión morra o conto e veña un neto, a voz neto fai referencia á medida de capacidade de líquidos aproximadamente equivalente a medio litro (isto é, ó que tamén poderiamos denominar como cuartillo), ou, máis ben, ó recipiente que a contén (sobreenténdese que se refire a un neto de viño, en principio).

4. Alén de todo o comentado, tamén hai que ter en conta que en ocasións a paremia aquí paz y después gloria é usada en contextos en que se quere dar a entender que algo que se considera negativo remata e que non hai ningunha consecuencia ó respecto, que non pasa nada, coma dicindo que se vai empezar de cero, que se vai facer táboa rasa e non se vai tomar ningunha medida en relación con iso que se considera negativo. Trátase de contextos nos que a devandita expresión pode normalmente ser substituída por “e non pasa nada”, e nos cales a paremia galega ou agalegada aquí paz e despois gloria non é raro que se escoite. Ex.:

O sea, que después de todas las fechorías que ha cometido desde su puesto de alcalde durante todos estos años, va el tío, dimite, se le hace un acto de despedida y aquí paz y después gloria. ¡Esto ya es el colmo!

Ou sexa, que despois de todas as falcatrúas que cometeu desde o seu posto de alcalde durante todos estes anos, vai o paisano, dimite, fáiselle un acto de despedida e morra o conto e morra o conto e veña un neto e morra o conto e veña un vaso e acabouse un conto e aquí paz e despois gloria e botámoslle terra a todo. Isto xa non hai máis para onde ir!

5. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Martínez Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.

- Martíns [anteriormente, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “O labor de fraseógrafo de Manuel Leiras Pulpeiro”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 4, 2003, páxs. 59-77. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Taboada Chivite, Xesús: Refraneiro Galego. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 2, 2000. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Vázquez Saco, Francisco: Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 5, 2003. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Veiga Díaz, Maite: “Pequena contribución á fraseoloxía galega”. Cadernos de Lingua, 14, 1996, páxs. 85-100.

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 guillermo

Si que la verdad de tener la paz es algo bueno ya que entre nosotros debe existir el amor ya que así podremos compartir muchas cosas en lo económico y relacionarnos de naciones en naciones ya que la paz tiene que gobernar en el mundo ya que estos de lo que no hay la paz hay muchos conflictos que en los cuales perdemos a muchos de seres humanos ya que asi es como hay las guerras por muchas cosas en la vida. Tener la paz es lo mejor que puede existir ya que asi no habrá mucha violencia en el mundo y dejarnos de preocuparnos de todo y vivir en una buena armonía dándonos y reflexionado algunas frases de la vida que nos han dejado muchos de los escritores que han existido en el mundo.