Abel Caballero, sobre a dimisión de Huerta: "Sánchez adquirira un compromiso público dun código ético e aplicouno"

O presidente da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) e alcalde de Vigo, o socialista Abel Caballero, considerou que, coa súa dimisión como ministro de Cultura, Màxim Huerta "actuou respecto do que cría que debía facer" e o Goberno "volveulle a dicir á poboación española que o código ético que --o PSOE quere-- aplicar, aplícase".

VIGO | 14/06/2018 | Actualizada ás 16:05 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O presidente da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) e alcalde de Vigo, o socialista Abel Caballero, considerou que, coa súa dimisión como ministro de Cultura, Màxim Huerta "actuou respecto do que cría que debía facer" e o Goberno "volveulle a dicir á poboación española que o código ético que --o PSOE quere-- aplicar, aplícase".

Así o trasladou este xoves en Vigo ao ser preguntado sobre estas cuestións, en relación ao que insistiu en que "Pedro Sánchez adquirira un compromiso público coa cidadanía dun código de actuación e ético, e aplicouno; e o ministro de forma inmediata e no prazo de moi pouquiñas horas, presentou a súa dimisión".

Acto seguido, ao ser cuestionado sobre se cre que o Goberno xestionou ben a situación, respondeu aos xornalistas "en forma de pregunta". "Cantas crises desta envergadura coñece vostede que se resolvesen escasamente en 10 horas, nomeamento alternativo incluído? Eu, ningunha", sinalou.

"Na miña memoria política é a primeira vez que se resolve unha dimisión, un ministro que cesa e o nomeamento no escaso prazo de 10 horas", remarcou, a colación do que concluíu que "se xestionou ben esta crise".

Finalmente, ao ser cuestionado acerca de a que se debe o apoio do Goberno pola mañá e a dimisión de Huerta pola tarde, Caballero dixo descoñecelo. "Eu a isto non lle podo contestar porque non son o presidente do Goberno, nin sequera o ministro que falou. Son o alcalde de Vigo e presidente da FEMP e non podo contestar a iso aínda que quixera", selou.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta