O BNG organiza un acto simbólico no encoro Barrié de la Maza para reclamar unha tarifa eléctrica galega

O BNG organizou este xoves un acto simbólico no encoro Barrié de la Maza, en Negreira (A Coruña), para volver reclamar unha tarifa eléctrica galega que beneficie aos consumidores e incentive o asentamento de novas industrias en Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2018 | Actualizada ás 19:48

Comparte esta noticia

Baixo a lema 'Galicia produce, Madrid consome, tarifa galega' varios membros do Bloque despregaron tres pancartas na instalación do encoro nun acto reivindicativo no que participou o deputado Xosé Luís Rivas, Mini.

Acto simbólico do BNG no encoro Barrié da Maza
Acto simbólico do BNG no encoro Barrié da Maza | Fonte: Europa Press

Neste escenario, Rivas explicou que o encoro Barrié de la Maza, do mesmo xeito que outros 40 da Comunidade, son froito dunha imposición franquista que "alagou terras, pagou expropiacións de miseria e incitou a emigración". "O único fin desta explotación era a obtención de grandes beneficios económicos por parte de Unión Fenosa en pago ás axudas de Barrié da Maza a Franco", denunciou.

Nesta liña, o parlamentario autonómico recalcou que os recursos galegos foron "expoliados" negándolle a Galicia a capacidade para aproveitar a súa riqueza mentres eran industrializadas outras zonas do Estado español.

"No ano 2007, o Goberno español tomou a decisión de rebaixar os impostos que abonan as eléctricas, a pesar dos grandes beneficios que obtén", denunciou Xosé Luís Rivas, que criticou que os veciños de localidades como Brión ou Negreira "non reciban ningunha compensación por esta explotación".

Así, criticou que, a pesar de que Galicia é "produtora de enerxía eléctrica cun excedente do 40%", os galegos pagan "unhas tarifas altísimas". "Defendemos que pobos afectados por este tipo de instalacións sexan compensados e que Unión Fenosa volva pagar o que lle correspondía polo IVE e a relación catastral en beneficio dos veciños", indicou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta