Consello.- Feijóo avanza outras 1.600 prazas de 0 a 3 anos con fondos públicos e volverá convocar o Bono Concilia

A axuda ao pago de gardería parte dun crédito inicial de 3,4 millóns pero é ampliable

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2018 | Actualizada ás 20:40 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que Galicia contará o próximo curso con 24.000 prazas en escolas infantís sostidas con fondos públicos, o que supón 1.642 máis que o curso que agora conclúe, un 6,8 por cento máis en comparación coa situación actual.

Consello da Xuntal do xoves 14 de xuño
Consello da Xuntal do xoves 14 de xuño | Fonte: Europa Press

Na rolda de prensa posterior á reunión semanal do seu Goberno, o máximo mandatario autonómico defendeu que esta medida busca "conseguir que a lista de espera nas escolas infantís siga sendo cero", xa sexa cunha praza pública directamente, concertada ou coa axuda do Bono Concilia, unha medida que tamén permite elixir centro de 0 a 3 anos en determinados casos e que ten un achegue económico da Xunta mensual de entre 45 e 250 euros.

Precisamente, sobre esta axuda, lembrou que se abona de forma mensual aos pais e é compatible con outras axudas destinadas tamén a pagar as escolas infantís, a condición de que non se supere o custo da praza.

O pasado ano, o Bono Concilia, do que se poden favorecer familias que non teñan praza noutras modalidades de escola infantil ou que vivan nun municipio onde non haxa gardarías con fondos públicos, beneficiou 3.648 familias, máis do triplo das persoas que obtiveron anualmente esta axuda entre 2009 e 2016.

Poderán acollerse ao Bono Concilia as familias que tivesen un fillo despois do 31 de decembro de 2015 e terán prioridade aqueles nenos que xa recibisen esta axuda o ano anterior, ademais dos que conten cun irmán escolarizado na mesma escola infantil. O crédito dispoñible, de 3.489.200 euros, dixo Feijóo, poderá ser ampliable.

COCIENTE EUROPEA

O mandatario autonómico, que indicou que o Bono Concilia tamén se pode usar no caso de que o horario dunha gardaría pública non se adapte ao do traballo da nai e pai, lembrou que a Unión Europea establece que as rexións que teñen competencias directas en escolas infantís deben contar cun cociente de cobertura de prazas do 33 por cento.

Neste sentido, o presidente galego indicou que en 2009, Galicia situábase no 20 por cento e coas novas prazas do próximo curso colocarase no 41 por cento.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta