Feijoo eloxia a “sensibilidade ambiental” do PP logo da masiva manifestación en contra da mina de Touro

O presidente galego non quixo pronunciarse sobre este megaproxecto porque, dixo, “xa teño unha pregunta no Parlamento”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/06/2018 | Actualizada ás 23:00

Comparte esta noticia

“Moitos alcaldes do PP teñen unha enorme sensibilidade ambiental”. Foi a resposta que deu Feijóo á pregunta que Galicia Confidencial lle fixo sobre a masiva manifestación que o pasado domingo percorreu as rúas de Compostela con milleiros de persoas en contra da mina de Touro- O Pino e que foi silenciada polos medios de comunicación tradicionais.

Masiva manifestación en contra da mina de Touro e O Pino
Masiva manifestación en contra da mina de Touro e O Pino | Fonte: Plantaforma Mina Touro-O Pino Non

“Ese proxecto mineiro foi rexeitado xa por 30 concellos, moitos deles do PP. Non cre vostede que se o seu goberno acaba aprobando esa actividade o seu partido poderá ter un alto custo electoral nas municipais?”, preguntoulle este medio. “Iso significa que moitos alcaldes teñen unha enorme sensibilidade ambiental”, limitouse a responder con sarcasmo.

Nos últimos meses foron numerosos os concellos que rexeitaron en pleno esta megamina, entre eles, moitos gobernados polo PP como o de Vila de Cruces, Vedra, Padrón, Pontecesures, Vilanova de Arousa,  Boiro ou Ribeira.

O líder do PP non quixo entrar en máis valoracións sobre un proxecto que rexeitan máis de 160 entidades, formacións e asociacións de todo tipo e que o pasado domingo demostrou en Compostela o rexeitamento social e cidadán que ten. “Non vou a contestarlle máis porque o mércores teño unha pregunta na Cámara sobre iso e non vou a adiantar nada ao respecto”, engadiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Feijoada

Frijol só responde se lho pergunta o Évole ou alguém que tenha programa em Madrid. A gente importante logo.