"O público é a parte máis esencial do espectáculo"

Así o apuntan desde a Orquestra New York. O nome da súa xira, 'Tú eres New York', é unha homenaxe a ese apoio recibido polos verbeneros galegos dende a súa formación, fai tan só tres anos. Esta tempada conta coa presenza dun novo compoñente, Santi Pulido, e coa continuación de Alejandra Pais, Dj Federato, Ricardo Blanco, Alfred Asensio e Isabel Asensio.

Por Ángela Precedo | Santiago de Compostela | 19/06/2018 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

Unha das partes máis importantes dunha orquestra son os seus compoñentes. Para ser cantante non só se necesita ter unha bonita voz, uns bos movementos e ensaiar durante horas e horas. Para ser cantante tamén é preciso ter don de xentes e saber tratar ao público que cada noite che recibe e che acompaña durante o teu traballo. Á fin e ao cabo, pódese dicir que o público é o que che paga o soldo, é quen che ensalza ou che derrumba e quen ten a última palabra sobre a túa continuación no mundo da verbena. Por iso, dende a orquestra New York, todos e cada un dos seus compoñentes son conscientes de que o público é a parte máis esencial do seu traballo diario, de ahí o nome da xira 'Tú eres New York'. 

Cartel promocional orquestra New York.
Cartel promocional orquestra New York.

Para coñecelos un pouco máis en profundidade, quixemos achegarmonos á personalidade e aspiracións dos integrantes da formación, para coñecer qué é o que cada un deles lle consigue proporcionar a esta grande orquestra do panorama verbenero galego, que conseguiu situarse na quinta posición das máis demandadas polo público con tan só tres aniños de vida --por detrás de Panorama, París de Noia, El Combo Dominicano e Olympus--.

Así mesmo, polo que respecta ás baixas e incorporacións para este novo ano 2018, cabe dicir, como xa se sinalou con anterioridade, que o final da tempada pasada non foi fácil, debido, principalmente, ás importantes baixas que deixaba a formación: perda de dous cantantes masculinos principais, Claudio Martín e o seu líder, Zeus Rey –actualmente cantante da París de Noia xunto a Óliver Pérez--; así como os dous bailaríns masculinos, Boris Jeyko –actualmente bailarín da orquestra París de Noia, xunto ao canario Héctor Bordón-- e Grabiel El Menor –que abandonou o mundo da música por un tempo e actualmente forma parte ocasional dos bailaríns da orquestra Panorama—.

Sen embargo, as baixas dos cantantes foron eficazmente solventadas coas fichaxes estelares do xa moi coñecido e reputado cantante canario Santi Pulido –procedente da orquesta Tamarindos (2015-2017) e que tamén formou parte anteriormente das filas de El Combo Dominicano (2013-2014)—; e o taragoñés Ricardo Blanco Pérez (máis coñecido como ‘Richard’) –procedente na tempada anterior da orquestra Costa Oeste (2016-2017), da Sintonía de Vigo (2013-2015) e da Palladium (2001-2013)--.

Pola súa parte, os bailaríns non foron sustituidos para esta nova tempada, sinxelamente se omitiron, polo que gañaron espazo no escenario para realizar unha actuación na que son os propios cantantes os que exercen de bailaríns tamén cando canta outro compañeiro, algo que lles da un ‘plus’ de afectividade cara o público, por tratarse de caras máis recoñecibles que están case todo o tempo na parte dianteira do escenario, en contacto cos espectadores.

Cartel promocional orquestra New York.
Cartel promocional orquestra New York.

Non só nos cantantes houbo baixas, tamén nos músicos, entre eles abadonou a formación o teclista Ángel Martínez, o saxofonista Miguel Ángel Sánchez Baeza (‘Migue’) e o trompetista Jorge Denis Lapera. De novo, os reforzos e reemplazos de músicos superaron o agardado inicialmente, coa incorporación como teclista de Jose Miguel (el ‘Colacao’) –músico e cantante moi recoñecido na formación Aché (2015-2017 e 2011-2014), na orquestra La Fórmula (2015) e agora membro do grupo cubano 4base, que non só toca o teclado senón que tamén canta algún tema do novo repertorio, como ‘El helicóptero’, de DKB--; o batería cubano Dayron García Álvarez –procedente do grupo Triunfo (2015-2017), da orquestra La Fórmua (2015) e de Galilea (2012-2014); e o trompetista Germán Eduardo Acevedo Cortés –procedente de La Nueva Phila (2016-2017) e de Panorama (2010-2015).

SANTI PULIDO, UN DOS NOVOS INTEGRANTES

O grancanario Santi Pulido, que se califica como “constante, traballador e humilde”, leva formando parte da New York tan só oito meses, por tratarse das incorporacións máis recentes a formación. Para el, o artista referente do panorama nacional é David Bisbal, xa que considera que “ten un dominio da súa voz incríble e fai o que quere”. Logo, a nivel internacional gústalle “moito” tamén Bruno Mars, e, “como non”, o “mítico” Michael Jackson. Con todo, “realmente gústanme moitos”, como Freddie Mercury, Elvis Presley, The Beatles, Whitney Houston ou Frank Sinatra.

Sobre os seus proxectos de futuro, asegura que lle gustaría seguir no mundo da música e crecendo dentro del. Polo demais, apunta que está “moi a gusto” na New York e que lle gustaría continuar, mais que “nunca se sabe que é o que pode pasar nun futuro”. Con todo, puntualiza que “a miña intención é continuar se están contentos co meu traballo”.

Como actuación máis emotiva destaca aquelas nas que “algún familiar ven a verme”, debido á “distancia que nos separa”, así como “os finais de xira”, por ver que “durante tantas datas a xente nos segue a destallo apoiándonos e valorando o traballo que realizamos durante todo o ano”. Actualmente, estase iniciando no mundo da grabación e montando un pequeño estudo. Ten varios temas propios e dende o momento en que teña algo de tempo libre gustaríalle comezar a lanzar algún.

CONTINUACIÓN DE ALFRED E ISABEL ASENSIO

Por outra banda, entre os compoñentes que renovan tempada como parte desta formación atópanse os irmáns Asensio: Alfred e Isabel Asensio, procedentes de Las Palmas de Gran Canaria e cunha longa traxectoria na verbena galega.

Alfred Asensio –Armonía Show (2012 e 2013), Aché (2013 e 2014) e Ritmo Joven (2015)-- é o terceiro ano consecutivo que se mantén nas filas da New York. O seu referente dentro do panorama musical de Galicia é David Cazorla --orquestra Palladium-- e, a nivel mundial, dentro dos artistas máis destacados da actualidade, nomearía ao portorriqueño Luis Fonsi. Para o canario o seu soño sería “vivir” toda a súa vida da música e, polo que respecta ao seu futuro dentro dunha formación, asegura que, “obviamente, sempre aspiramos ao máximo ao que se puidera chegar”, mais tamén recoñece que o seu futuro gustaríalle “que fose máis aló do mundo da verbena”.

Defínese a sí mesmo como unha persoa “sinxela, cercana e humilde”, e considera que “sempre é mellor encantar que cantar (aínda que eu non chegue a ser ninguna das dúas)”, comenta entre risas. Polo que respecta ás súas actuacións, sinala que para el a actuación “máis emotiva” que tivo foi na súa época como cantante de Armonía Show, nunha actuación que tiveron en Pontedeume no ano 2013. Actualmente está intentando ir un paso máis alá do lanzamento de temas e está compoñendo, producindo e grabando un disco en solitario con cancións exclusivamente propias e outras con outros colaboradores artistas. Ademais, xa ten algunas cancións e videoclips lanzados ao mercado e compostos por el mesmo.

Pola súa parte, Isabel Asensio –Armonía Show, Palladium (2013 e 2014) e Costa Oeste (2015)-- tamén é o terceiro ano que renova como compoñente da orquestra, tal e como ela indica, “dende a súa formación”. Ten como referentes do panorama musical de Galicia a catro mulleres que para ela, “pese a ser todas distintas, fan un papelón impresionante”. Deste xeito, refírese á súa “compañeira de batallas”, Alejandra Pais, debido a que “non hai persoa en Galicia que me impresionase máis que ela en canto á parte musical, artística, vocal e como simple compañeira, xa que con ela todo é demasiado sinxelo”.

Tamén menciona a Gemma Lareo --París de Noia--, porque considera que a súa voz é "para quedarse coa boca aberta e sen palabras". Asi mesmo, gústalle Natalia Méndez --Panorama--, debido a que "ten unha potencia que quita o alento e asombra cando abre a boca, é tremenda". Finalmente, tamén destaca a voz de Daira Monzón --Panorama--, á que califica como unha "d-i-v-a, con todas al letras". Para a canaria, a súa actuación máis emotiva foi a despedida dos meus compañeiros ao rematar a tempada 2017, “foi un momento moi, moi duro para min”.

CONTINUACIÓN DE ALEJANDRA PAIS

Alejandra Pais --Ceniza (2003 a 2015)--, a outra voz feminina da orquesta que xa conta cun gran recoñecemento e traxectoria en Galicia, tamén continuará por terceiro ano consecutivo coa orquestra New York. Para a galega, os seus cantantes favoritos son Dulce Pontes, Gal Costa, Beyonce, Jessie J., Freddie Mercury, Whitney Houston, Michael Jackson, Bruno Mars, Niña Pastori, Luis Miguel, Alejandro Sanz ou Fela Domínguez.

O seu futuro e vida veos “sempre” en torno á música, co obxectivo de “escoitar, aprender e interpretar diferentes estilos musicais”. Sobre a posible continuidade noutras formacións, asegura que “encántame a New York e estou moi feliz formando parte desta familia musical”. Para ela, ao igual que para Santi, as actuacións máis importantes son aquelas nas que pode estar presente a súa nai, o seu mozo e a familia e amigos en xeral entre o público. E o momento máis duro destes tres anos para ela foi “cando se despediron os antigos compañeiros e deixaron de formar parte desta familia” que formaron os integrantes da formación.

CONTINUACIÓN DE DJ FEDERATO

Tamén continuará na formación Dj Federato, que, tal e como el mesmo apunta, leva formando parte da orquestra “dende o primeiro día”. Asegura que “non teño un só cantante ou referente” e “os que o son, tampouco é porque teñan unha gran técnica ou un gran rexistro, senón polo que lle transmiten dependendo de cada momento e, sobre todo, da súa personalidade”. El mesmo, entre risas, comenta que non sabería como definirse, porque “prefiro que me definan os meus compañeiros”, que son “os que me aguantan todos os días”, porque se por el fose calificaríase como “pe-sa-do”, bromea.

Pola súa parte, afirma que se ve “toda a vida” no mundo da música, “ou iso agardo”. Asi mesmo, apunta que “nunca estiven en ninguna orquestra” e por iso “para min estar aquí –na New York—é unha gran bendición”, xa que “sempre dixo que si non estou na New York non me vexo absolutamente en ninguna outra”. Así, pregunta retóricamente: “onde vou estar mellor que aquí?”.

Para el, a actuación máis emotiva foi a de El Burgo, no primeiro ano, debido “a toda a novidade que conlevaba para min estar na orquestra”, vendo unha cantidade de xente coñecida e demais, “foi sen dúbida unha das actuacións que máis me gustou”. Entre os seus novos proxectos, destaca o seu proxecto musical como ‘Federato’, que xa está sacando novos temas, “vense un disco, varios videoclips e demais”.

CONTINUACIÓN DE RICARDO BLANCO

Finalmente, entre os integrantes que continuarán este ano nas filas da New York, pero con máis recente incorporación, cabe sinalar a figura de Ricardo Blanco ('Richard') --Costa Oeste (2016 e 2017), Sintonía de Vigo (2013 a 2015) e Palladium (2001 a 2013)--, que se incorporou á formación galega o 1 de decembro de 2017. Debido ao seu gusto por "variados estilos musicais", ten varios cantantes favoritos, entre os que cita a Michael Buble, Robbie Williams, Michael Jackson, David Cavazos, Gian Marco ou Camilo Sesto, entre outros.

Asegura que, tras levar xa 27 anos traballando "no que máis me gusta e me enche, que é a música", síntese "con forzas e ilusión para seguir adiante" neste mundo da verbena galega. Á hora de definirse como artista, apunta que "é moi difícil definirse a un mesmo", polo que "eu só intento facer sempre o meu traballo o mellor posible, e seguindo unha disciplina e metodoloxía que lle de un orden e sentido a todo o que ocorre sobre o escenario".

Se tivese que nomear algunha actuación especialmente emotiva para él, destacaría "as últimas, con compañeiros dos que o destino che separa", xa que "sempre resultan difíciles esas datas, sobre todo, pola carga emocional que conlevan". Actualmente o cantante taragoñés está "totalmente centrado na miña labor coa orquestra New York", aínda que "quizais para o próximo inverno participe como batería nun grupo de 'covers' con compañeiros da profesión".

Cartel promocional orquestra New York.
Cartel promocional orquestra New York.
Alejandra Pais.
Alejandra Pais.
Isabel Asensio.
Isabel Asensio.
Dj Federato.
Dj Federato.
Santi Pulido.
Santi Pulido.
Alfred Asensio.
Alfred Asensio.
Ricardo Blanco.
Ricardo Blanco.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta