Temas: FEIJóO RAJOY

Feijóo, sobre a súa sucesión: "O importante é que España faga un bo Mundial"

O presidente da Xunta di que estudará o seu futuro político durante a fin de semana e esquivou a pregunta de se está recibindo moitos apoios.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/06/2018 | Actualizada ás 13:05

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, insistiu este venres en que aínda non adoptou unha decisión acerca de se dará o paso para optar á sucesión de Mariano Rajoy á fronte das filas populares. Así mesmo, asegurou que estudará o seu futuro político durante a fin de semana, xusto antes de que o luns se abra o prazo para presentar os avais para sumarse á carreira por facerse coa Presidencia do PP, un período que permanecerá aberto ata o vindeiro mércores.

Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta, en rolda de prensa
Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta, en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

Antes de participar nunhas xornadas xurídicas en Sarria (Lugo), ao ser preguntado polos medios se ía meditar durante a fin de semana o que vai facer, Feijóo respondeu: "Si, claro, efectivamente". "Non tomei a decisión. Cando a tome, anunciareina, lóxicamante", agregou o máximo mandatario galego, quen este xoves dixo que "o que máis pesa" na súa decisión é, precisamente, "ser presidente". No entanto, Feijóo esquivou a pregunta de se está a recibir moitos apoios para que dea o paso e preferiu situar o foco en que "o importante é que España faga un bo Mundial". "Despois seguiremos falando doutras cousas", agregou.

Así mesmo, o considerado como un dos preferidos nas quinielas sucesorias chamou "a tranquilizar e a sosegar os temas" cando foi interpelado acerca de se hai candidaturas "en contra", máis que a favor, en referencia á do exministro de Asuntos Exteriores José Manuel García-Margallo para frear as eventuais aspiracións da exvicepresidenta Soraya Sáenz de Santamaría. "Haberá tempo para falar diso", concluíu.

Temas: FEIJóO RAJOY
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 lucy in the sky whit diamonds

do barco do narco o "opio do pobo"... non podes frijoles que tiveches un.has amizades perigosas e rebrobables no mundo do narqueo... e cando pensamos en ti pensamos mal, e moi mal que vai pensar a xente en europa cando fagan campaña do CANDIDATO PRESIDENCIABLE AMIGO DOS NARCOS, preséntate valente, anda e preséntate e xa veras o que van vomitar as linotipias e o internet... xa estas avisado... amigo dos narcos!