Open Arms sobre o Aquarius: "Os medios dan máis bombo a un xesto humanitario que a que Italia viole leis"

A xefa de misión da Ong Proactiva Open Arms, Anabel Montes, instou a que se poña o foco no incumprimento da lei por parte de Italia á hora de analizar o conflito aberto en torno ao buque de axuda humanitaria 'Aquarius'.

Por E.P. | SANTIAGO | 16/06/2018 | Actualizada ás 19:59

Comparte esta noticia

A xefa de misión da Ong Proactiva Open Arms, Anabel Montes, instou a que se poña o foco no incumprimento da lei por parte de Italia á hora de analizar o conflito aberto en torno ao buque de axuda humanitaria 'Aquarius', cuxa chegada ao porto de Valencia está prevista para este domingo.

Misión de salvamento de Proactiva Open Arms
Misión de salvamento de Proactiva Open Arms | Fonte: Europa Press

"Nos medios de comunicación está a darse máis bombo a que España permita que o 'Aquarius' desembarque, que é un xesto humanitario, que a que Italia violase leis internacionais. Debería remarcarse máis que Italia violou leis que asinaron. Debe haber unha resposta política internacional contra ese quebrantamento da lei, sobre todo porque en Italia se está vendo como unha vitoria", declarou.

A xefa de misión de Open Arms ofreceu declaracións logo de visitar a segunda edición de 'Acampa', a iniciativa que se celebrou ao longo desta semana na Coruña e que pretende dar visibilidade á situación dos migrantes que foxen dos seus países. Para Anabel Montes, este tipo de proxectos son "completamente necesarios" pois permiten que a xente coñeza "por que saen, que é o que ocorre polo camiño e que se atopan cando chegan". A Ong Proactiva Open Arms volverá ao mar Mediterráneo este luns nunha nova misión cando conclúan os traballos de reparación nun barco que rescatou a miles de persoas que xogan a vida para tratar de alcanzar Europa.

As políticas en inmigración de Italia, de actualidade após negarse a autorizar a entrada a embarcacións de Ongs como o Aquarius, non son novas para Open Arms nin para Montes, que foi investigada no país transalpino por un presunto delito de "favorecer a inmigración ilegal" logo dunha operación de rescate no Mediterráneo. "O caso 'Aquarius non é un caso concreto, é unha política que queren levar a cabo. A retención do noso barco en marzo é un precedente, aínda que se puxese como escusa un conflito cos gardacostas libios", afirma.

Deste xeito, lembra que o ministro do Interior italiano, Matteo Salvini, entende en clave de "vitoria" que finalmente sexa España o destino de Aquarius. "O ministro dixo que non vai permitir ningún desembarco de Ongs en Italia, pero si a barcos militares", apunta. Así, cre que a "mensaxe" é "claro" contra as organizacións humanitarias, que son conscientes de que non poden contar coa colaboración do Goberno transalpino. "Sabemos que vai volver a pasar. Cando salgamos o vindeiro luns non nos van a deixar pasar a portos italianos", asume Anabel Montes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Fernando G

El inmigrante de Liga Norte alerta: ‘No es inmigración, es esclavismo. https://gaceta.es/europa/el-inmigra...

2 galegoexiliado

¿E pa cando un barco pa rescatar e aloxar aos miles de refuxiados galegos que durmen cada noite na rua, ainda que sexan pobres, brancos, galegos e non teñan pasaporte africano?

1 Hispano

É falso que Itália, ou mais bem o governo italiano, viola-se a lei. O Aquarius recolheu aos migrantes dentro das aguas territoriais líbias. Portanto a 1ª opçom seria desembarcar os migrantes num porto líbio. Considerando que Líbia por estar em guerra nom é um pais seguro, os portos que se seguem em proximidade som os tunisianos, e depois os malteses. A Itália é a 4ª opçom, por proximidade ao lugar onde fôrom recolhidos os migrantes. É a tripulaçom do Aquarius a que incumpriu a lei do mar dirigindo-se directamente à Itália.

1 Gamela

mentres tanto o Mediterráneo é o novo Auschwitz... https://i.gal/gamela13